Traballos de #TVLab 2012

Durante o curso pasado fíxenme cargo de Laboratorio de Produción Publicitaria en Televisión, unha asignatura de Licenciatura que desapareceu este curso coa implantación completa do Grao en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo e que quedara sen docente para o curso 2011-2012.

Ó ser unha asignatura do último ano da carreira e cunha orientación eminentemente práctica decidín tratar de optimizar o máximo posible o traballo dun alumnado que estaría buscando emprego en poucos meses, orientándoo cara a participación en concursos de publicidade. Esta filosofía tentaba, por unha parte, axudar ás alumnas e alumnos a preparar o seu portfolio co plus que pode aportar unha peza premiada nun concurso de prestixio e, por outra, visibilizar o traballo desenvolvido dende a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo na formación dos seus alumnos e alumnas.

Hai uns anos tivera a oportunidade de experimentar o estímulo positivo que supón para os estudantes o recoñecemento do seu traballo “académico” nun concurso de publicidade, dirixindo a un grupo de alumnas e alumnos que traballou de forma altruísta para o Banco de Alimentos da Provincia de Pontevedra nunha campaña real para a que se conseguiron insercións nos principais xornais da área de influencia, así como en emisoras de radio e canles de televisión local. Enviamos a campaña ó concurso de novos talentos do Publifestival e quedamos finalistas. E para algúns, aquela campaña que fomos sacando adiante roubándolle horas ó xantar foi o “mellor traballo da carreira” [sic].

E por que sería o mellor traballo da carreira? Supoño que porque era real, porque estaban axudando a unha organización sen ánimo de lucro que realiza unha importante labor social e porque ademais, como extra, quedaron finalistas nun festival publicitario.

Sobre esta base tentei organizar a docencia da materia: o primeiro traballo que lles pedín debía ser para unha ONG ou fin social e enviarse ó Publifestival, para o segundo debían buscar un concurso que lles interesase (supervisado por min, claro) e presentar unha peza e, como traballo individual, pedinlles un videoCV creativo, para o que lles presentei un amplo abano de exemplos.

A idea de orientar as prácticas cara a participación en concursos contaba tamén, dende o meu punto de vista, coa vantaxe de que os traballos deberían adaptarse sen discusión a un briefing dado e unhas condicións técnicas e narrativas concretas según os casos, algo que non sempre conseguimos cando deixamos que o alumnado escolla libremente unha marca calquera.

Os resultados non puideron ser mellores: nunha clase dunhas 40 rapazas e rapaces (9 grupos de traballo) obtivéronse dous premios no Publifestival (Festival Internacional de Publicidade Social) e unha inclusión na shortlist de El Sol (Festival Iberoamericano da Comunicación Publicitaria), referencia induscutible da mellor publicidade iberoamericana. Igual non vos parece moita cousa, pero eu non lembro que por aquí se teña conseguido esa concentración de premios nunca (o que non quita que o noso alumando teña conseguido ó longo destes anos numerosos recoñecementos académicos e profesionais). Tedes un bo resumo aquí: O talento e a creatividade cotizan á alza no Campus de Pontevedra en Ponte.tv)

É difícil expresar a satisfacción dun profesor cando sinte que aportou algo de valor na formación do seu alumnado, especialmente cando está atravesando un momento laboral “esixente”, pero o certo é que os resultados -fosen ou non premiados-  foron moi bos e déronme unha desas pequenas alegrías que ofrece a miña profesión. E a ledicia non foi só polos premios: foi pola sensación de ter transmitido, inda que só fose levemente, a importancia do proceso creativo, a importancia de pensar, de xerar ideas e a importancia capital do desenvolvemento e preprodución dentro do proceso de realización de pezas audiovisuais.

Que que lles ensinei? Pois catro cousas en realidade… pouco… pero eles aprenderon moito!

Seagram’s – The Case [Shortlist El Sol 2012]

YouTube Preview Image

Save the water [Premio no Publifestival 2012]

Reconcíliate con tus pulmones: Bar [Premio no Publifestival 2012]

Reconcíliate con tus pulmones: Corredor

Cruz Vermella

Liceo Mutante

Amigos da Terra – Alimentos kilométricos

YouTube Preview Image

Coren – Tan fresco como si estuviera vivo

YouTube Preview Image

Experiencia Seagram’s

YouTube Preview Image

Adega – Stop Pollution

YouTube Preview Image

Tomate frito Solís

YouTube Preview Image

Tratamiento BK

Refuxio de animais de Cambados – Sácame de paseo

YouTube Preview Image

(falta algún traballo porque se colgou en modo privado ou se entregou en DVD)

————

Máis información aquí, aquí, aquí, aquí ou aquí

Traballos de Comunicación Televisiva 2012

Aquí vos deixo a recompilación dos traballos da asignatura Teoría e Técnica da Comunicación Televisiva que impartín este curso xunto con Bibiana Juanes en Publicidade e Relacións Públicas.

O traballo consiste en crear un formato audiovisual seriado para internet, de xénero libre e temática publicitaria, para o cal teñen que preparar un dossier de venta, facer o pitching e crear o capítulo piloto. Comigo fixeron o desenvolvemento do proxecto e con Bibiana a realización dos pilotos.

Comunicación Televisiva é a primeira materia da titulación na que o alumnado colle as cámaras e se enfronta á edición en Avid, e a verdade é que as horas de prácticas quédanse moi xustas. Pese a iso, os resultados foron moi positivos. Falta algún traballo por erros no servidor no que se aloxaron ou porque non se colgou en internet.

Despois dun ciclo de tres anos propondo o mesmo proxecto de curso para os alumnos de Comunicación Televisiva creo que é hora de cambiar. O vindeiro curso dareille un xiro á asignatura para centrala máis na creación de campañas audiovisuais e na produción de spots, posto que o cambio de plano de estudos no grao deixou menos materias do eido audiovisual  das que había na licenciatura e considero que é preciso centrar máis a práctica da materia no eido publicitario do que estaba ata agora.

Así que… aí van os últimos!

AdverTV

Es lo que hay

Permiso para crear

Agencia desastre

YouTube Preview Image

Tortilla de ideas

YouTube Preview Image

Cidade publicidade

YouTube Preview Image

Control+Ad

Y si te digo que…

YouTube Preview Image

Product tazement

YouTube Preview Image

Diablo busca agencia

No sé cómo lo hicisteis

YouTube Preview Image

Violet Lane

Sé lo que hicisteis la última campaña