#dicip – Día Internacional da Creatividade e a Innovación no Campus CREA de Pontevedra

O Campus CREA de Pontevedra ten na creatividade e na innovación o seu eixo central e a súa razón de ser. Desde a Universidade de Vigo -e desde o Campus CREA en particular- apostamos pola creatividade en calquera eido como motor de cambio e mellora social e polas formas innovadoras de enfrontarse aos problemas e aportar solucións creativas dende as áreas de especilización que nos son propias: arte, comunicación e creatividade; medio ambiente e natureza; educación, innovación social e xestión pública; deporte, saúde e benestar. Un conxunto de disciplinas que teñen moito que aportar á sociedade e que atopan o seu nexo na creatividade e a innovación.

Por iso é lóxico sumarnos por primeira vez á celebración mundial da creatividade e a innovación o vindeiro 21 de abril coas seguintes actividades na Casa das Campás:

Programa do Día Internacional da Creatividade e a Innovación no Campus CREA de Pontevedra

16:30 – Presentación institucional da xornada

Intervención do Sr. Reitor Magnífico da Universidade de Vigo, D. Salustiano Mato de la Iglesia

16:45 – Os camiños da creatividade

Mesa redonda con profesionais destacados de ámbitos diversos reflexionando sobre o que os une: o uso da creatividade para resolver os problemas e retos propios da súa actividade. Interveñen:

Modera: Alberto Dafonte Gómez, delegado do Reitor para a xestión das actividades de comunicación e internacionalización do Campus CREA.

18:30 – Somos CREA

Presentación de proxectos de investigación do Campus de Pontevedra con formato divulgativo a cargo de investigadores e presentación dos proxectos do alumnado premiado nas últimas convocatorias dos INCUVI-EMPRENDE no Campus de Pontevedra

O acto remata cunha degustación de produtos ecolóxicos e unha actuación musical a cargo de estudantes do Campus de Pontevedra.

20:00 – Fin do evento

 

Que é o Día Internacional da Creatividade e a Innovación?

O Día Internacional da Creatividade e a Innovación é un evento que nace en Canadá no ano 2001 para reivindicar o valor da creatividade como elemento central na resolución de problemas, na xeración de novas ideas e na mellora do mundo no que vivimos a través da innovación. Celébrase o 21 de abril como unha data na que “animar á xente a usar a súa creatividade para facer do mundo un lugar mellor e facer mellor tamén o seu lugar no mundo”.

No ano 2005 o Día Internacional da Creatividade pasa a enmarcarse na Semana Mundial da Creatividade e a Innovación, que se celebra dende entón entre o 15 de abril (data de nacemento de Leonardo Da Vinci) e remata o día 21.

Na actualidade o evento celébrase en centros educativos, comunidades e empresas de máis de 50 países.

As ideas centrais en torno ás cales xira o evento son as seguintes:

  • afirmar a habilidade de cada individuo para xerar novas ideas
  • difundir como se pode usar a creatividade – ideas novas, decisións novas, accións novas – para facer do mundo un lugar mellor para vivir
  • creación de algo novidoso e diferente e xuntar ideas e conceptos que non se uniran con anterioridade
  • afrontar distintas cuestión dun xeito diferente, formulando outras preguntas, buscando novos colaboradores e xuntar dúas ideas para chegar a unha terceira máis novidosa
  • en definitiva, desatar o potencial da imaxinación creativa.

Programa do XX aniversario da #FCSC (que veinte años no es nada…)

Na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación estamos de aniversario: 20 aniños nin máis nin menos. Aquí vos deixo o programa completo de actividades para este xoves 27 de novembro e a invitación a asistir:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Xoves, 27 de novembro de 2014
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación


10.00 h. Sala de Xuntas.

Encontro de traballo: A situación da investigación en Ciencias Sociais (Actividade do Programa de Formación do Profesorado)

José Manuel de Pablos Coello. Director da Revista Latina de Comunicación Social. Universidad de La Laguna (Tenerife).

Carlos Barrera. Editor da revista Communication & Society. Universidad de Navarra.

Andrés de Blas Guerrero. Membro do Comité Asesor de Ciencias Sociais, Políticas, do Comportamento e da Educación da CNEAI. Universidad Nacional de Educación a distancia.

Modera: Alberto Dafonte Gómez, Vicedecano de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.


12.00 h. Salón de actos

Acto institucional do 20 aniversario

Coas intervencións de:

Alejandro Pizarroso Quintero. Catedrático da Universidad Complutense de Madrid. Decano Comisario  do título en Publicidade e Relacións Públicas (1993-­‐1994).

Manuel Fernández Areal. Catedrático Emérito da Universidade de Vigo. Primeiro Decano da Facultade  de Ciencias Sociais (1994-­‐2000).

Representante de persoal de administración e servizos.

Ana Isabel Vázquez. Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra.

Alberto Dafonte Gómez. Vicedecano de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Egresado de Comunicación Audiovisual (I Promoción)

Alberto Martínez. Presidente da Asociación de Alumnos e Alumnas do Grao en Dirección e Xestión Pública. Egresado de Dirección e Xestión Pública.

Juan Manuel Corbacho Valencia. Vicerreitor do Campus de Pontevedra. Egresado de Publicidade e Relacións Públicas (I Promoción)

Emma Torres Romay. Decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Egresada de Publicidade e Relacións Públicas (III Promoción).

E as actuacións musicais de:

Australia. Con estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Ari Magritte. Egresada de Publicidade e Relacións Públicas.


16.00 h. Salón de actos

Experiencias exitosas made in CSC: Publicidade e Relacións Públicas

Vanessa López Chousa. Egresada. Socia fundadora de Trisquelia.

Jorge Rodríguez. Egresado. Socio fundador de Tic&Tic.

Allan Batievsky. Creativo e Redactor publicitario

Modera: Cristina Ferreiro. Membro da junior empresa Freshysweet


16.00 h. Salón de Graos

Experiencias exitosas made in CSC: Dirección e Xestión Pública

Salvador Avelaira. Egresado. Empregado público do SERGAS (Xunta de Galicia)

Pedro Henrique Martíns. Egresado Uvigo-­‐USP. Experto en Design Thinking & Problem Based Learning.

Adrián Paz Franco. Egresado. Preparador Físico Fútbol Sala (Galicia, Vietnam, Abu Dhabi).

Modera: Goyo Andión. Membro da Asociación de Alumnos e Alumnas de Dirección e Xestión Pública.


17.30 h. Salón de Actos

Experiencias exitosas made in CSC: Comunicación Audiovisual

Rafael Fidalgo. Egresado. Fundador de Fordward

Aítor Nova.Egresado. Socio Fundador de Nova Prods.

Jorge Tombo. Produtor. Verve Creative Group.

Modera: Jorge Medal. Membro da junior empresa Audiobeesual.


18.30 h. O turno da canteira: encontro con egresados*

Vestíbulo: Egresados de Publicidade e Relacións Públicas e de Comunicación Audiovisual.

Primeiro andar: Egresados de Dirección e Xestión Pública

*Actividade de orientación laboral. Os estudantes da Facultade poderán sentarse fronte a fronte con membros das distintas promocións que traballan en áreas moi diversas para poder plantexar dúbidas e inquedanzas respecto do mercado laboral.

Participantes “O turno da canteira”:

 

PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS

Juli Molares Cardoso. (promoción 1998). Comunicadora, publicista e personal shopper. Profesora asociada do Grao en Publicidade e Relacións Públicas.

Tania Sueiro Graña (promoción 1999). Directora de arte de Hello Caramelo.

Rebeca Domínguez Pérez (promoción 2000). Técnico de Protocolo da Deputación de Pontevedra.

Susana Martínez Táboas (promoción 2001). Directora creativa en Publigal.

José Jato Darriba (promoción 2002). Técnico de Comunicación e divulgación do Campus do Mar.

Azur González (promoción 2004). Fundador de We Braw, estudo de deseño gráfico e web.

Noemí de Miguel (promoción 2007). Socia fundadora e Directora de Contas de Sra. Nona Brand.

María Juanatey (promoción 2008). Creativa en BAP Conde.

Iago Fernández González (promoción 2008). Digital Marketing Strategist de Elogia.

Iván González (promoción 2008). Digital Marketing Strategist de Elogia.

Sheila Álvarez Rojo (promoción 2008). Directora de contas de Elogia.

Alba Pato (promoción 2008). Creativa en BAP Conde.

Beatriz Feijoo (promoción 2009). Bolseira de investigación predoutoral Xunta de Galicia.

Adriana Villamisar (promoción 2010). Deseñadora gráfica e web en Nasas Social & Media.

Jessica Bardanca (promoción 2013).

Online Media Planner e Campaing Manager en Tic&Tic.

María Lago (promoción 2014). Emprendedora.

Cristina Gándara Suárez (promoción 2014). Emprendedora.

 

DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA

José Luis Reboiro. (promoción 2002). Funcionario da Universidade de Vigo

Begoña Martínez (promoción 2004). Xestora Administrativa en Servicios Integrales para Gestores Administrativos (SIGA 98).

Pedro Puig (promoción 2009). Técnico de xestión na Fundación Biomédica Galicia Sur.

Viki Canoura (promoción 2010). Freelance en formación continua e ocupacional.

Belén Martínez Loira (promoción 2011). Funcionaria do Concello de Vigo.

Judith Casabella (promoción 2012). Técnico de xestión no sector marítimo.

Alberto Martínez (promoción 2012). Freelance en xestión pública.

 

COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

Xabier Rolán. (promoción 2005). Freelance en xestión de comunicación online, social media management, formación TIC e blogging. Profesor asociado do Grado en Comunicación Audiovisual.

Luis Pena (promoción 2005). Técnico de produción audiovisual en Teltek Video Research.

Diana Ramahí García (promoción 2007). Profesora Axudante Doutora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Antiga Bolseira FPU do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

Alba Sotelo Leal (promoción 2010). Freelance Fotografía e Vídeo.

Pablo Lamosa Barros (promoción 2011). Posproductor en Ficción producciones.

Alba López Bolás (promoción 2011). Xornalista e Community Manager en Atlántica Comunicación.


ACTIVIDADES PARALELAS

15.30 h. Plató de cine. Maratón Audiovisual: Webseries

17.30 h. Salón de Graos. Obradoiro: Planificación estratéxica pública.

Isabel Bazaga. Experta en planificación estratéxica pública. Universidad Rey Juan Carlos.

17.30 h. Plató de cine. Maratón publicitario: Os premios de El Sol.


EXPOSICIÓN RETROSPECTIVA DE TRABALLOS DE ESTUDANTES DAS TRES TITULACIÓNS

“20 ANOS NON SON NADA”

Por todos os corredores da Facultade

 

Gran-gran Wyoming

YouTube Preview Image

Está de moda enganar para colar novas falsas en medios de comunicación. Era algo habitual en Salvados (a máis gorda foi a da lotería de nadal) e incluso tirou del Sé lo que hicisteis (coa plataforma en defensa da prensa rosa, por exemplo). Despois dunha fin de semana na que, xa resabiados, os medios de comunicación foron bastante cautos -dubidando polo menos da veracidade do vídeo- (menos Más se perdió en Cuba, onde embestiron coma un touro a un capote) onte destapouse a farsa con récord de audiencia para El Intermedio:

La bronca de Wyoming era un montaje

Wyoming desvela que el vídeo de vejación a una becaria era un montaje

“Pido perdón a la becaria… y a Intereconomía por habérsela colado”

Récord histórico de Wyoming gracias al vídeo de la becaria

Wyoming consigue su objetivo: récord de audiencia de ‘El Intermedio’

E despois de ver todo isto e de saber que este domingo en Salvados, el Follonero falou con Corbacho para montar unha das súas na gala dos Goya, podemos confiar na veracidade disto?: Exclusiva. Un crítico en paro ‘secuestra’ el Goya de Albert Solé y lo entrega a El Mundo. Sexa como sexa eu non me perdo Salvados para saír de dúbidas.