Gran-gran Wyoming

YouTube Preview Image

Está de moda enganar para colar novas falsas en medios de comunicación. Era algo habitual en Salvados (a máis gorda foi a da lotería de nadal) e incluso tirou del Sé lo que hicisteis (coa plataforma en defensa da prensa rosa, por exemplo). Despois dunha fin de semana na que, xa resabiados, os medios de comunicación foron bastante cautos -dubidando polo menos da veracidade do vídeo- (menos Más se perdió en Cuba, onde embestiron coma un touro a un capote) onte destapouse a farsa con récord de audiencia para El Intermedio:

La bronca de Wyoming era un montaje

Wyoming desvela que el vídeo de vejación a una becaria era un montaje

“Pido perdón a la becaria… y a Intereconomía por habérsela colado”

Récord histórico de Wyoming gracias al vídeo de la becaria

Wyoming consigue su objetivo: récord de audiencia de ‘El Intermedio’

E despois de ver todo isto e de saber que este domingo en Salvados, el Follonero falou con Corbacho para montar unha das súas na gala dos Goya, podemos confiar na veracidade disto?: Exclusiva. Un crítico en paro ‘secuestra’ el Goya de Albert Solé y lo entrega a El Mundo. Sexa como sexa eu non me perdo Salvados para saír de dúbidas.

Creatividade Galega 08!

Pois por fin saiu do forno e está lista para servir. Elaborada con ingredientes selectos, tratada cos mellores procedementos e coa axuda dos máis cualificados profesionais. Gracias e todos eles e, moi en especial, ós meus compañeiros Eva Quintas e Chechu Pérez -que xuntan máis recursos entre os dous ca unha navalla suíza con usb- e sen os que sería imposible concibir sequera esta obra.
Con todos vostedes Creatividade Galega 08!:

creatividadegalega.esDuviGalicia CalidadeXunta de Galiciaculturagalega.orgxornal.comelcorreogallego.esxornalgalicia.comtheorangemarket.comnoticiasgalicia.comelidealgallego.comvigometropolitano.comlavozdegalicia.esdiariodeferrolabc.esplataformasinc.eszaragozame.comenfios.comdiariodearousa.comaecomunicacioncientifica.orggalicia-hoxe.com