Déjà vu

Vivamos como galegos, o precursor

YouTube Preview Image

Un novo e chamativo spot desenvolvendo o concepto.

Pero un pregúntase en casos así: que é máis efectiva, unha campaña publicitaria na que vendas a “galeguidade” da túa empresa proxectando “imaxe”, ou accións coma poñer en galego a sinaléctica dos locais e parte da información dos produtos de marca propia, ou promocionar en campañas concretas os produtos galegos? Obviamente todo pode formar parte dun conxunto de medidas pero, merece a pena o esforzo nunha dirección sen atender á outra? É crible o que proxectamos sen atender ó que construímos?

Pasemos ó plan C

orixinal en http://theboard.byu.eduA verdade é que ás veces o mellor é unha retirada a tempo. Pode que o cambio de estratexia nas tardes de Antena 3 sexa o mellor pensando na televisión coma un negocio (que é o que realmente é), pero creo que pensando na televisión coma un espectáculo con posibilidades incluso para a expresión artística (que é o que como espectadores nos gustaría, por escaso que isto sexa) é un retroceso importante.

Antena 3, despois dos fracasos consecutivos de El método Gonzo e do parcheado El método por dos, decide tirar pola vía do medio e optar por un tipo de programación que levaba xa anos sen verse na televisión en España: as tv movies baseadas en feitos reais en franxa de tarde (aggghhh!). Está claro que durante o verán non conseguiu preparar algo digno de enfrontarse ó Resume de Gran Hermano (24,1%) e Yo soy Bea en Telecinco (24,1%) ou ás telenovelas de TVE1, como Victoria (22,3%) e que xa entrada a tempada toca tirar polo low cost facendo tempo a ver qué pasa.

No ano 2000, cando Telecinco comezou a emitir Gran Hermano non tiña magacín en franxa de tarde. Aquel ano tódolos programas da canle que se deixaron colonizar polo reality ou que se emitían antes ou despois dos resumes ou das galas experimentaron incrementos de audiencia. Sen embargo aquel ano Telecinco emitía a partir das 17:00 Tarde de cine, onde se proxectaban películas con títulos tan suxerentes coma Doble coartada, Terror inesperado, Por el bien de la familia, Asesinato en el campus ou Esperanzas perdidas e que era o seu xeito de dicir: Ana Rosa (daquela cun magacín en Antena 3), non podemos contigo. Dende logo era un desperdicio non contar cun magacín de tarde no que poder expremer un pouco máis GH e non tardaron moito en contar con un.

Ata onde chega a miña memoria esa foi, creo, a última vez que unha canle de televisión de ámbito estatal programou esta especie de fast food que son as tv movies de baixo presuposto (polas outras mellor preguntar a HBO) e que, na miña opinión, constitúen un dos escalóns máis baixos na escala evolutiva dos contidos televisivos. Chimpón.

ACTUALIZO

Pois si que era un “facer tempo”. A semana vindeira comeza isto (que vindo da canle de Antena 3 en Youtube, xa podía ter máis calidade):

YouTube Preview Image