Schweppes e House

Falabamos esta mañá en clase da transferencia de imaxe que se pode producir entre un presentador e un formato (e viceversa, presentadores “prisioneiros” da imaxe que foron construíndo con cada novo formato presentado), tratabamos da parte de prestixio, solvencia, afabilidade ou histrionismo que a selección do presentador pode aportar á configuración da identidade dun formato como marca.

O mesmo sucede cando unha persoa famosa presta a súa imaxe a un produto ou servizo comercial: parte do seu prestixio e imaxe transfírese á marca que promociona. Na conversa que mantivemos en clase falamos de dous extremos (en realidade o terceiro en discordia foi Matias Prats e ING):

1.- Había tempo que non vía unha maridaxe tan apropiada entre famoso e marca como a que se produce entre a tónica Schweppes e House (o personaxe, non o actor, por moito que citen o seu nome). Tal e como din no anuncio “Te pega” e “Un punto amargo es sexy”. Según podo ler en Ideacreativa os responsables do spot son Vinicius Young&Rubicam.

YouTube Preview Image

2.- Por outra banda -e recoñecendo de antemán os meus prexuízos negativos contra as compañías de créditos rápidos- temos os casos de cesión de “prestixio” entre Imanol Arias e unha compañía de crédito, como tamén fixeron Carmen Machi e Carlos Sobera. Partindo do presuposto -quizais erróneo- de que estas compañías non teñen boa imaxe (eu considéroas pouco máis que un timo legal), non corre o famoso o perigo de que a transferencia de imaxe se produza en sentido inverso, do produto á persoa e en senso negativo?.

YouTube Preview Image

O spot está moi coidado para pertencer a esta gama de servizo, pero mesmo así, tu quoque Imanol?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*