Traballos de #TVLab 2012

Durante o curso pasado fíxenme cargo de Laboratorio de Produción Publicitaria en Televisión, unha asignatura de Licenciatura que desapareceu este curso coa implantación completa do Grao en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo e que quedara sen docente para o curso 2011-2012.

Ó ser unha asignatura do último ano da carreira e cunha orientación eminentemente práctica decidín tratar de optimizar o máximo posible o traballo dun alumnado que estaría buscando emprego en poucos meses, orientándoo cara a participación en concursos de publicidade. Esta filosofía tentaba, por unha parte, axudar ás alumnas e alumnos a preparar o seu portfolio co plus que pode aportar unha peza premiada nun concurso de prestixio e, por outra, visibilizar o traballo desenvolvido dende a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo na formación dos seus alumnos e alumnas.

Hai uns anos tivera a oportunidade de experimentar o estímulo positivo que supón para os estudantes o recoñecemento do seu traballo “académico” nun concurso de publicidade, dirixindo a un grupo de alumnas e alumnos que traballou de forma altruísta para o Banco de Alimentos da Provincia de Pontevedra nunha campaña real para a que se conseguiron insercións nos principais xornais da área de influencia, así como en emisoras de radio e canles de televisión local. Enviamos a campaña ó concurso de novos talentos do Publifestival e quedamos finalistas. E para algúns, aquela campaña que fomos sacando adiante roubándolle horas ó xantar foi o “mellor traballo da carreira” [sic].

E por que sería o mellor traballo da carreira? Supoño que porque era real, porque estaban axudando a unha organización sen ánimo de lucro que realiza unha importante labor social e porque ademais, como extra, quedaron finalistas nun festival publicitario.

Sobre esta base tentei organizar a docencia da materia: o primeiro traballo que lles pedín debía ser para unha ONG ou fin social e enviarse ó Publifestival, para o segundo debían buscar un concurso que lles interesase (supervisado por min, claro) e presentar unha peza e, como traballo individual, pedinlles un videoCV creativo, para o que lles presentei un amplo abano de exemplos.

A idea de orientar as prácticas cara a participación en concursos contaba tamén, dende o meu punto de vista, coa vantaxe de que os traballos deberían adaptarse sen discusión a un briefing dado e unhas condicións técnicas e narrativas concretas según os casos, algo que non sempre conseguimos cando deixamos que o alumnado escolla libremente unha marca calquera.

Os resultados non puideron ser mellores: nunha clase dunhas 40 rapazas e rapaces (9 grupos de traballo) obtivéronse dous premios no Publifestival (Festival Internacional de Publicidade Social) e unha inclusión na shortlist de El Sol (Festival Iberoamericano da Comunicación Publicitaria), referencia induscutible da mellor publicidade iberoamericana. Igual non vos parece moita cousa, pero eu non lembro que por aquí se teña conseguido esa concentración de premios nunca (o que non quita que o noso alumando teña conseguido ó longo destes anos numerosos recoñecementos académicos e profesionais). Tedes un bo resumo aquí: O talento e a creatividade cotizan á alza no Campus de Pontevedra en Ponte.tv)

É difícil expresar a satisfacción dun profesor cando sinte que aportou algo de valor na formación do seu alumnado, especialmente cando está atravesando un momento laboral “esixente”, pero o certo é que os resultados -fosen ou non premiados-  foron moi bos e déronme unha desas pequenas alegrías que ofrece a miña profesión. E a ledicia non foi só polos premios: foi pola sensación de ter transmitido, inda que só fose levemente, a importancia do proceso creativo, a importancia de pensar, de xerar ideas e a importancia capital do desenvolvemento e preprodución dentro do proceso de realización de pezas audiovisuais.

Que que lles ensinei? Pois catro cousas en realidade… pouco… pero eles aprenderon moito!

Seagram’s – The Case [Shortlist El Sol 2012]

YouTube Preview Image

Save the water [Premio no Publifestival 2012]

Reconcíliate con tus pulmones: Bar [Premio no Publifestival 2012]

Reconcíliate con tus pulmones: Corredor

Cruz Vermella

Liceo Mutante

Amigos da Terra – Alimentos kilométricos

YouTube Preview Image

Coren – Tan fresco como si estuviera vivo

YouTube Preview Image

Experiencia Seagram’s

YouTube Preview Image

Adega – Stop Pollution

YouTube Preview Image

Tomate frito Solís

YouTube Preview Image

Tratamiento BK

Refuxio de animais de Cambados – Sácame de paseo

YouTube Preview Image

(falta algún traballo porque se colgou en modo privado ou se entregou en DVD)

————

Máis información aquí, aquí, aquí, aquí ou aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*