A publicidade sexista

Hai un pouco que rematei unha entrevista na Radio Galega sobre publicidade sexista que se emitirá previsiblemente mañá ou pasado nos informativos de mediodía. O tono da entrevista lévame a pensar que é probable que aborden o tema como se fai habitualmente: tratando a publicidade coma un desprezable compartimento estanco dentro da sociedade. Por se acaso…

A publicidade de Galicia

O pasado 23 de outubro participei na xornada “A publicidade en galego” organizada polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Dentro da xornada o meu papel era falar da historia da publicidade de Galicia en media hora máis ou menos, despois de que o profesor Alberto Pena explicase a situación actual do sector…

Un par de ideas sobre TV Social

Haberá un mes contactaron comigo dende El Correo Gallego, para participar nunha reportaxe sobre televisión social que finalmente se publicou o pasado 03/01/2014. Cando recibín o cuestionario sabía que só precisaban un par de frases que poder encaixar coas do resto de entrevistados e construír un relato coherente pero, mesmo así, tomei a determinación de…

“A ver si llego”, a ver se te vas marchando!

Vina onte coa curiosidade propia de quen espera que o sorprendan con algo bo para variar. Á fin e ó cabo “A ver si llego” debía ser a herdeira de tropecentos anos de fidelidade incombustible da audiencia por Aída, a colleiteira dun público cultivado pola serie de Globomedia e habituado a botar unhas risas os…