Dia do libro

Asistín hai meses a unha conferencia de Ken Bain sobre calidade da docencia, organizada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, e déronme un libriño ó que xa lle tiña moitas ganas. Onte retomeino e, aproveitando que hoxe é o dia do libro, recomendo a súa lectura tres veces ó dia despois de cada comida (dose para profesores, futuros profesores ou aprendices de profesores).

O libro en cuestión é O que fan os mellores profesores universitarios e está dispoñible en pdf neste interesante portal da Vicerreitoría. A grandes rasgos o libro recolle as boas prácticas e características de docentes considerados “extraordinarios”:

Para comezar este estudo tivemos que definir o que entendiamos por profesores extraordinarios. Isto resultou ser un asunto bastante sinxelo. Todos os profesores que eliximos para colocalos baixo o noso microscopio pedagóxico lograran un grande éxito á hora de axudar os seus estudantes a aprender, acadando influír positiva, substancial e sostiblemente nas súas formas de pensar, actuar e sentir.

Deixando de lado as cuestións metodolóxicas o libro responde ás seguintes preguntas:

Que saben e entenden os mellores profesores?
Como preparan a súa docencia?
Que esperan dos seus estudantes?
Que fan cando ensinan?
Como tratan aos estudantes?
Como comproban o seu progreso e avalían os seus resultados?

Como mostra:

Como tratan aos estudantes?

Os profesores moi efectivos tenden amosar unha gran confianza nos estudantes. Habitualmente están seguros de que estes queren aprender, e asomen, mentres non se lles amose o contrario, que poden facelo. A miúdo amósanse abertos cos estudantes e pode que, de vez en cando, falen da súa propia aventura intelectual, das súas ambicións, triunfos, frustracións e erros, e animen os seus estudantes a seren reflexivos e francos na mesma medida. Poden contar como desenvolveron os seus intereses, os obstáculos principais cos que se atoparon á hora de dominar a materia, ou algúns dos seus segredos para aprender algunha parte concreta da materia. A miúdo discuten abertamente e con entusiasmo o seu propio sentimento de respecto e curiosidade pola vida. Sobre todo, tenden a tratar os seus estudantes co que sinxelamente podería cualificarse como simple amabilidade.

6 Replies to “Dia do libro”

  1. está claro que aquel profesor con el que se tiene “mas confianza”, pues su asignatura te acaba “gustando” un poquito más que aquel con la que no la tienes.

  2. Felicidades polo blog, Alberto. Non sabía del. Sendo como eras de dilixente na carreira, concordo con D.M. en que estarás sendo un bo mestre.

  3. Espero que algún dos que eu me sei se pare a ler este libro e tome nota porque ‘hai de todo na viña do Señor’: máis malo ca bo, je.

  4. Con comentarios así quen precisa terapias?
    De pequeniño tiña un par de libros de fábulas que lin moitas veces e lembro unha de Iriarte que remataba: “Si el sabio no aprueba, malo; si el necio aplaude, peor” e digo eu que á inversa tamén será aplicable, non?
    Pois iso: que moitas grazas, mestres. Queda moito por andar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*