- GRUPO 1A2
- Manuel Fernando Caamaño Rama
- Ángela Castro Neyra
- Paula Crespi Rubio
- Julia Cruces Rocha
- Andrea González Vila
1. Introdución
Neste proxecto trataremos o tema da educación sexual e o coñecemento sobre as distintas enfermidades de transmisión sexual (ETS). O noso proxecto centrarase esencialmente en falar da desinformación sobre este tema entre o público adolescente: os mitos, bulos, fake news ou mentiras que se crean neste ámbito. Moitas delas, xeradas a partir da falta de educación sexual por parte da sociedade e do ámbito educativo que erran en dar explicacións destes temas aos máis xóvenes.
Neste documento faremos unha explicación das ideas que fomos desenvolvendo, así como os nosos propios descubrementos persoais. Explicaremos o proxecto que decidimos levar a cabo e que finalmente trasladamos a un medio audiovisual como é TikTok.
2. Descrición da entidade
A entidade coa que levamos a cabo o proxecto chámase A Redeira e se atopa en Pontevedra. A Redeira é un peto colaborativo de tempo, do cal pode formar parte calquera persoa que así o queira. Baséanse nunha relación de intercambio, os seus membros poden pedir servizos e axudas que solicitan a través dunha aplicación móvil e despois quedan a deber “tempo” á organización. Ese tempo deberá ser solventado aportando algo á comunidade que forma a organización dalgunha maneira, por exemplo axudadando a outros como nos axudaron previamente a nós. Aínda que esta sexa a función principal que leva a cabo A Redeira, a nós serviunos para poñernos en contacto cunha profesional no tema da educación sexual; a sexóloga Hadriana Ordóñez Otero.
3. O noso proxecto
Na actualidade, e coa popularidade das redes sociais, atopamos bulos e fake news relacionados con tódolos ámbitos da vida, pero no noso caso ímonos centrar na saúde sexual na adolescencia.
Por que esta temática?
A razón pola que escollimos esta temática é que consideramos de vital importancia que todos poidamos dispoñer de información verídica sobre a nosa sexualidade e prácticas saudables, co fin de disfrutar de unha boa saúde tanto física, como psicolóxica e afectiva. Segundo diversos estudios, os adolescentes non adoitan recibir educación sexual por parte dos seus pais, especialmente no caso dos varóns. Ademais, nestas idades existe tamén a vergoña de preguntar a os pais, médicos ou mestres acerca de sexo; incluso para algúns grupos sociais, o tratamento deste tema é visto como un tabú
Público obxectivo
O público ao que nos diriximos son os adolescentes e os adultos xóvenes, é dicir, persoas de entre 12 e 22 anos aproximadamente. Escollimos este rango de idades xa que consideramos que debido ao uso e valor que lle dan ás redes sociais e ás opinións dos seus amigos, son moi susceptibles de caer nestes bulos, e incluso transmitirllos aos demais. Por outra banda, os coñecementos que adquiren da TV e Internet non se traducen en comportamentos preventivos nas súas prácticas sexuais, debido á infuencia dos estereotipos de xénero.
Finalidade do proxecto
Con este proxecto pretendemos compartir datos verídicos (contrastados con información profesional) acerca dalgúns dos bulos que se máis se comaprten relacionados coa saúde sexual, incidindo nas informacións que non son certas pero levan anos transmitíndose entre os máis xóvenes. O obxectivo é o beneficio directo de aqueles aos que chegue o noso proxecto, e que poidan aprender, contrastar os datos, e interesarse máis pola súa saúde sexual e pola búsqueda de información veraz sempre que teñan dúbidas.
Medios a empregar
O medio a través do cal imos abordar o proxecto é mediante a rede social de vídeos curtos, TikTok. O motivo polo que optamos por esta aplicación é que é unha das máis empregadas polos xóvenes aos que nos queremos dirixir, e permiten ademáis a creación de contidos curtos e sinxelos de ver, polo que cabe a posibilidade de sexan compartidos e cheguen a máis persoas. Como beneficio engadido, TikTok conta cunha interfaz que falicita a viralización dos vídeos debido a que presenta os contidos a un gran número de usuarios na pantalla principal, e tamén é moi doado compartir os vídeos, a través do propio chat da aplicación, ou por outras vías como WhatsApp, Instagram Stories…
Estes vídeos terán un carácter instructivo, pero tamén entretido e divertido, seguindo por exemplo as tendencias que se popularizan en TikTok. O que buscamos con isto é crear contidos pedagóxicos, pero que non resulten aburridos, senón que acheguen aos videntes a información dun xeito ameno.
3.1. Guións
[nota do docente] por motivos de espazo omitimos os guións pero mantemos a sinopse/explicación dos vídeos
A continuación, explicaremos a realización dos TikTok que compondrán o proxecto final.
Bulos sobre a efectividade de distintos métodos anticonceptivos
Todo o vídeo é gravado nunha única toma, nun único escenario e dende un único ángulo frontal. A persoa que o protagoniza colócase nun plano medio fronte á cámara.
A música escollida para este vídeo, que é un elemento principal, é o comezo da canción Choices de E-40 (os primeiros 15 segundos), sobre a que o protagonista fará playback contestando ás preguntas que aparecerán en pantalla. Con este vídeo remitiremos á efectividade dos diferentes métodos anticonceptivos, sinalando cales son recomendables e cales non.
Falsas expectativas xeradas polo porno
Neste vídeo trataremos o tema dos estereotipos compartidos polo porno a través dunha serie de afirmacións relativas ao ámbito sexual, indicando cales son verdadeiras e cales falsas.
O vídeo consistirá nunha pantalla dividida verticalmente polo centro, no lado vertical dereito colocarase sobreimpresa a palabra “verdadeiro” e no vertical esquerdo, “falso”. Segundo a voz en off emite as distintas informacións, o protagonista do TikTok vaise movendo a un lado ou outro en función da veracidade de cada unha das frases. A música de fondo empregada será Música Tusa (Instrumental) – KAROL G, Nicki Minaj.
Mito de que o preservativo non entra.
Neste TikTok trataremos de desmentir de xeito humorístico o mito de que o preservativo masculino pode molestar ou resultar incómodo a causa dun membro de gran tamaño.
A protagonista aparece no plano 1 cansada e molesta porque o seu mozo asegura que non querer empregar o condón porque lle resulta incómodo. No plano 2, ela mostra como lle entra perfectamente no pé. Empréganse dous planos, un plano frontal medio curto e outro plano frontal enteiro. A música de fondo é Sisters Song – Mermaid.
Falta de información en canto ao preservativo feminino
Neste Tik Tok falaremos sobre os benefícios e as vantaxas do uso do preservativo femenino, pouco coñecido e empregado socialmente.
O vídeo componse dun único plano no que o/a protagonista aparece nun plano frontal medio de angulación normal. O protagonista do TikTok sinala os textos sobreimpresos que irán aparecendo en pantalla seguindo o ritmo da música (Di Sore Hari Remix de Dj Bagaikan Langit).
3.2. Ideas iniciais
A idea inicial do noso proxecto consistía na elaboración destas pezas tras un proceso de investigación e colaboración coa Redeira, que se viu interrompido por mor da crise sanitaria da Covid-19.
O enfoque orixinal baseábase en:
- Contactar coa Redeira e reunirnos con eles en máis dunha ocasión para falar dos nosos proxectos e de cómo poderiamos facer a colaboración.
- Contactar cun membro da Redeira especializado nalgunhas das áreas de interese para o noso proxecto (medicina, psicoloxía, sexoloxía…).
- Enviar cuestionarios de resposta anónima (como o do Anexo 5) a algúns dos institutos cos que traballa Redeira, co fin de coñecer en profundidade cales son as áreas da saúde sexual nas que os xóvenes están máis desinformados, para así poder crear uns contidos o máis útiles posible.
- Traballar en colaboración coa Redeira durante todo o proceso, sustentándonos nos coñecementos das persoas da rede para elaborar este traballo.
- Como membros da Redeira, devolver o tempo que foi invertido en nós, axudando aos demáis membros. e colaborando no banco do tempo.
Finalmente, o desenvolvemento do traballo tivo que ser distinto, xa que por motivo do confinamento, só puidemos acudir a unha das reunións da organización.
Tratamos de ser resolutivos, e decidimos solventar este problema baseando o traballo en dous tipos de fontes de información: documentos científicos (detallados no apartado “Referencias”) e a nosa propia experiencia. Nós mesmos, os integrantes deste grupo, estamos incluídos na franxa de idade á que buscamos dirixir esta comunicación, polo que consideramos que os mitos que temos escoitado e as dúbidas que tivemos e temos durante toda a nosa xuventude, son de interese para tratar neste proxecto.
Tras traballar e investigar baseándonos nas fontes de información mencionadas, e unha vez feitos os guións iniciais, foi cando empregamos a axuda da Redeira. Enviamos sexóloga Hadriana Ordóñez Otero un correo cos datos empregados nos nosos guións para corroborar que a información contida nos mesmos era correcta. O traballo previamente realizado tivo s a súa aprobación, e ademais informounos acerca doutros métodos anticonceptivos e vantaxas do preservativo feminino (dous dos temas a tratar nos guións).
4. Aprendizaxes extraídas
- Aprendizaxes extraídas da propia materia
Antes de dar comezo a este traballo, coñecíamos a existencia das fake news nos diferentes medios de comunicación, pero non dabamos cabida a que tiveran tanta importancia e repercusión na vida tanto de xóvenes como de adultos.
- Aprendizaxes en relación á titulación
Decatámonos desta maneira, que todas as redes sociais influenzan en maior ou menor medida, e que plataformas como TikTok, que nós viamos como plataformas únicamente de ocio e entretemento, realmente poden informar a aqueles que as utilizan (tanto con noticias falsas como verdadeiras), e que dándolles un bo uso, podemos achegarnos a un enorme grupo como é a xeración Z e os millenials e axudarlles a comprender mellor o noso mundo (neste caso, ensinarlles a realidade dunha correcta saúde sexual).
- Aprendizaxes e competencias para a vida
Tivemos a sorte de traballar con A Redeira (aínda que non puideramos facer o proxecto completo con eles). Algúns integrantes do grupo xa coñecíamos con anterioridade en qué consistía o traballo de ésta organización, e todos nós sentímonos orgullosos de poder formar parte deste peto colaborativo, e desexamos poder seguir traballando con eles nun futuro próximo. Realmente levan a cabo unha labor marabillosa; poder xuntarse con outra xente coñecendo así a persoas estupendas, axudarnos uns a outros, compartir coñecementos e enriquecernos da sabiduría dos demáis que tanto teñen que ofrecer… é digno de recoñecemento.
5. Valoración crítica e conclusións
Consideramos a elaboración deste proxecto coma un novo método de aprendizaxe, tanto polo coñecemento que nos achegou a súa realización, como pola vivencia de elaborar o devandito traballo dunha maneira diferente por mor da situación actual. Pensamos que ademais de adquirir estes coñecementos e conceptos necesarios para a nosa formación tamén é importante destacar como reaccionamos ante esta etapa, tanto pola parte do alumnado como dos profesores. Todos nos vimos obrigados a adaptarnos drasticamente a un cambio moi grande, e con este traballo consideramos que nos adaptamos da maneira correcta, conseguindo comprender e empregar os conceptos aprendidos.
Coa realización deste traballo tamén tivemos certos descubrimentos que nos afectan na nosa vida persoal e que nunca tiñamos en conta, coma algúns dos mitos tan masificados sobre as relacións sexuais.
Con respecto as persoas ás que queriamos dirixir este análisis (a sexualidade na época da adolescencia) aprendemos que normalmente séntense avergoñadas ou que directamente evitan faltar deste tipo de temas, e un dos noso obxectivos era conseguir normalizar o máximo posible o sexo, e cambiar esa mentalidade que teñen os xóvenes.