O audiovisual galego en “Variety”

“A revista estadounidense Variety, a máis importante do sector do entretemento no mundo, dedica no seu número impreso deste 24 de setembro (que xa pode ser consultado na súa web) un espazo a analizar a industria audiovisual galega, con motivo do especial informativo sobre o Festival de Cine de Donostia.

En concreto, céntrase en catro puntos: os retos do cinema galego, a produción na TVG, o puxante sector da animación e os novos directores que comezan a despuntar.” [+] ler máis en vieiros.com.  [+] ler máis en variety.com.

Unha resposta a “O audiovisual galego en “Variety””

  1. Avatar de Un resentido
    Un resentido

    O artigo está moi ben, pero… que queres que che diga… o “audiovisual galego” non deixa de ser un timo. Tentan facer unha marca-país (curioso, coma queria Gadis co Vivamos como galegos) pero tras de si encerran unhas condicións laborais precarias, alimentadas por unha enorme bolsa de traballadores que, iso si, tamén alimentan as universidades e os centros de FP;un culturetismo que, estou seguro, so se dá en rexións onde o clientelismo está tan estendido (coma é o caso de Galicia) E un negocio que, despois de pensar nas industrias culturais, coido que este segundo termo está de capa caída…
    Supoño que son un resentido audiovisual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *