Ver televisión gratis por internet

Hai moitos e moi variados xeitos de ver “televisión” a través de internet e xa algo escribín sobre o tema (temo que o texto só existe impreso polo momento -ou quizais nin iso inda-, así que non podo ligar ningún documento). Con todo, creo que este artigo de vertele.com resulta moi interesante para unha primeira aproximación sobre o tema.

(o título deste post está redactado ó xeito das consultas en buscadores: veremos o que pasa) 

Unha resposta a “Ver televisión gratis por internet”

  1. Avatar de DeiPluvaie
    DeiPluvaie

    Tanto Zatoo como Joost están moi ben (sobre todo este último, aínda que apenas haxa canles para castelánfalantes (deberían crear unha palabra para os que entenden o castelán pero que non o falan…).
    De todas formas, se non lembro mal, creo que as televisións querían demandar a estes programas por non seren operadores autorizados ou algo así…
    Non entenden que a televisión tal como se entendía ata hoxe… ten os días contados!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *