Presentamos a nova edición de Creatividade Galega!

O vindeiro venres 15 de febreiro ás 11.30 h. presentamos a nova edición do anuario da publicidade, deseño e comunicación de Galicia no hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela (ver mapa).Agardamos ver alí a todos os que contribuíron co seu enxeño, talento e esforzo á materialización desta obra, inda que só sexa polo libro gratis!

Creatividade Galega 2007 contén os traballos máis creativos de 70 empresas de deseño e comunicación de Galicia, aos que se engaden propostas feitas por estudantes de escolas de deseño e das facultades de Comunicación e Belas Artes da Universidade de Vigo.

Unha resposta a “Presentamos a nova edición de Creatividade Galega!”

  1. Avatar de pitxone
    pitxone

    NORABOA ÓS TRES. UN TRABALLO IMPECABLE.
    Esperamos ver prontiño aquí algunha foto da presentación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *