¿Salvar Eurovisión?

A polémica desta fin de semana (deixando de lado vaguidades sen importancia coma as eleccións xerais) foi a elección de Rodolfo Chikilicuatre coma representante español no festival de Eurovisión.

Moitos rasgaron as vestiduras, primeiro porque nunha competición aberta e innovadora coma nunca houbera, colouse esta ocurrencia de Buenafuente, e despois porque, non contentos con iso, gañaron na gala de selección definitiva. Son moitos tamén os que vaticinan que, no canto de salvar Eurovisión (que era o que se pretendía), este esperpento feito canción rematará de afundi-lo festival. O argumento empregado habitualmente é o da “calidade” musical.

Creo que non se pode considerar Eurovisión precisamente coma un escaparate no que se amosa o mellor e máis vangardista da música dun estado: se algunha vez o foi é mellor que se esquezan desa idea para sempre, porque a sociedade evolucionou, pero Uribarri segue anclado nas fermosas baladas da música lixeira (adx. 2. De pouca materia, cantidade, intensidade, forza, importancia ou gravidade).

A min gustábanme máis outras candidatas pero non entro a xulgar o que ten maior ou menor calidade musical porque entendo que esa non é a vara de medir que debemos empregar nun festival ó que se lle atribúe unha cualidade que non ten hoxe en día: a de exhibir o mellor da música dun estado, a de proxectar unha imaxe da cultura dun país.

A Eurovisión debe ir o que a xente estea disposta a ver, porque non imos “salvar” Eurovisión en termos de calidade musical, senón en termos de audiencia e rendibilidade económica: TVE considerará salvada Eurovisión en función dos cartos que recadase coas chamadas e SMS de votación e tamén en función da audiencia que poida congregar fronte ó televisor. E se Cikilicuatre consegue iso sendo unha burla da Sexta, pois bendito Chikilicuatre.

Por certo, a min gustábame La Casa Azul inda que Lorena C non estivo nada mal:

[youtube]UQ-qPYBOtHg[/youtube]

Sin llegar a conseguir un resultado espectacular, lo cierto es que ‘¡Salvemos Eurovisión!’ otorgó a La 1 su mejor noche de sábado del curso. La gala, presentada por Raffaella Carrá y que proclamó al peculiar Rodolfo Chikilicuatre como candidato de España a Eurovisión, cosechó un correcto 16% de cuota de pantalla, prácticamente doblando los registros conseguidos por el cine hace una semana.
Especialmente interesante fue el análisis por targets de ‘¡Salvemos Eurovisión!’. Por una noche, La 1 consiguió rejuvenecer su público, y el programa destacó también entre los grupos de 13 a 24 (17,1%) y 25 a 44 (16,6%) además de entre los jubilados (17,9%). [+] ver máis en formulatv.com.

12 respostas a “¿Salvar Eurovisión?”

  1. Avatar de pitxone
    pitxone

    Os meus favoritos eran: Rodolfo Chikilicuatre, La Casa Azul e Lorena C. Cada un á súa maneira teñen algo especial, pero gustos aparte, creo que a TVE lle vai vir moi ben a victoria do chiki chiki: a audiencia que vai ter esta edición de Eurovisión e os cartiños das chamadas e os sms non creo que os tiveran conseguido con ningunha outra opción.
    TVE non debe de protestar e senón, que non someteran a votación pública a elección da canción. Agora xa é tarde para que se lamenten.
    Por certo, espero que os cambios que TVE quere facer na letra do chiki chiki só sexan as alusións a ZP, Rajoy e Chavez. Resulta que agora din que ó mellor amplían o corpo de baile e que Rodolfo ten que estar á súa disposición…
    ¡Vánnolo cambiar!! ¡¡Dramaaa!!

  2. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    Tódalas declaracións públicas de TVE son de apoio ó seu candidato. No único momento no que se formularon dúbidas foi durante a gala, por boca de convidados que non poden manifestar a posición oficial da canle pública. Os lamentos, se os hai, serán de portas para dentro, pero, como dixen, tampouco vexo ou motivo de choros mentres a audiencia acompañe.

    “Sin embargo, el tirón del ‘chiki-chiki’ no tiene rival. Un día después de las elecciones generales, protagoniza la noticia más leída de elmundo.es, por encima de los resultados de las elecciones, en la que las mayorías no han manejado las cifras del actor de laSexta, que tendrá que promocionar el Festival con TVE”. elmundo.es.

  3. Avatar de Chechu
    Chechu

    Teño que afirmar que as miñas sensacións foron mudando cara este asunto.

    A miña opinión persoal non vale para nada, xa que está mediatizada pola subxectividade propia dun fan de La Casa Azul. Penso, por isto, penso que o de Eurovisión foi LAMENTABLE. E digo esto porque estou totalmente en contra da afirmación do Chiki Chiki de que a súa victoria demostra que a sociedade española ten sentido do humor. Máis ben considero que a súa actuación constitúe unha ofensa contra a múscia en español, inexplicable estando promovida por Santiago Segura, autor da letra e que constantemente denuncia a mala situación na que se atopa o cine español. Dá pensa se comparas ese sentido do humor co de experiencias como La Casa Azul (e outros que se quedaron polo camiño) que buscan burlarse e contrarrestar a caspa de Eurovisión con algo tan marabilloso como é a súa propia música. Non pensei, francamente, que o Chiki Chiki chegara tan lonxe.

    Agora, e para todos aqueles que argumenten que houbo moita xente que votou por Chikilituatre e que merece respeto, quero compartir unha reflexión desde a perspectiva da comunicación profesional: O feito de que Chiki Chiki nos represente en Eurovisión é a proba manifesta de que o ser humano é soberanamente tonto. O consumidor aguanta lo que lle boten. A era Acuarius nunca existiu. ¡Viva o imperio da publicidade! Os estudantes de publicidade pronto atoparán traballo!!! Polo demais, parabéns a La Sexta por un uso orixinal dos soportes publicitarios.

  4. Avatar de Chechu
    Chechu

    En fin, tiña que dicirvos esto. Non ven a conto das audiencias, pero simplemente quería escribilo

  5. Avatar de mightyme
    mightyme

    Postos a buscar ofensas á música en español eu incluiría a tódolos nosos representantes dende hai anos, con contadas excepcións. A Eurovisión nunca foron os mellores.

  6. Avatar de pitxone
    pitxone

    Exacto, estou de acordo con mightyme ‘A Eurovisión nunca foron os mellores’, é máis, en moitas ocasións foron os peores.
    Por certo, dixen o dos lamentos de TVE porque é a sensación que me deixou a gala do sábado (aínda que sexa a través dos invitados): en plan, bueno, pois se ten que ir esto… irá…
    E sí, Chechu, hai que asumir que os espectadores escolleron o chiki chiki, pero isto non quere dicir que sexan tontos, home.
    Vale, a campaña de marketing que ten detrás ten moito que ver, pero ¿non podemos simplemente entender que a xente lle votou como rebote a un evento xa casposo de por sí? Ou porque lles gusta?
    Perrea, perrea…

  7. Avatar de Chechu
    Chechu

    Insisto en que penso que a xente é fácilmente influible. Non o digo por mal. É unha máxima publicitaria que comparto plenamente… De feito, non dubido que o consumo de aperitivos de maíz incrementará notablemente na Osa Mayor 47 alá polo 2050 :p

  8. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    Espero que isto non derive nunha dicusión sobre a teoría da agulla hipodérmica, o two-step flow ou a teoría dos usos e gratificacións. Creo que non se pon en dúbida que a audiencia sexa influenciable, pero outra cousa é considerar á audiencia coma unha masa de borregos que asumen directamente, e sen capacidade crítica, o que os medios lles transmiten (ás veces, visto o visto, costa crelo pero coido que non é así). A discusión non é nova, pero dende logo non pensei que Eurovisión fixese aflorar postulados da Escola de Frankfurt.

    En calquera caso, por reconducir os comentarios, falaba no post de que pode ser que o ChikiChiki, sendo un despropósito de canción, consiga “salvar eurovisión” en termos económicos e de audiencia, descartando de antemán que o festival constitúa un escaparate da excelencia cultural.

  9. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    De elpais.com (opinión, claro está):

    “Baila el chiki chiki es una parodia, una construcción humorística concebida para resumir lo más mugriento de la música mal llamada popular y ofrecerlo en directo a los espectadores de un programa de televisión. Resulta inapropiado analizar el producto paródico como una canción sensu stricto; y ridículo arrojarse a lúgubres lamentaciones por el hecho de que esta patochada vaya a representar a España en el Festival de Eurovisión. Tampoco es un producto freaky; le redime su primitivo carácter burlesco. Resulta una falsificación consciente del envilecimiento consentido del pop. Tiene morbo comprobar cómo se trasvasan operaciones musicales entre Televisión Española, autora material del delito de reunir a 10 canciones, a cual más estremecedora, en un programa sabatino para elegir al representante ibérico, y La Sexta, la cadena que ha reciclado el chiki chiki en una gamberrada de ámbito europeo. Pero en términos musicales, el esperpéntico baile de Rodolfo Chikilicuatre está aproximadamente al nivel de las torturantes melopeas que ha llevado España a Eurovisión en los últimos 20 años.

    La cuestión es si Eurovisión merece algo más que una bufonada. Nadie, a excepción de los sumos sacerdotes del Festival -en España sobreviven unos cuantos-, respondería que sí. En Eurovisión anidan el mal gusto, la música de metacrilato, el pop-rock de garrafón y baladas que parecen balidos. Esta pesadilla de lentejuelas y presentadoras de sonrisa troquelada no tiene redención posible.

    Chikilicuatre es un vengador. Los votantes del aquelarre del sábado -Salvemos Eurovisión se llamaba- quieren ajustar las cuentas con el festival más hortera de la galaxia enviando una impostura, un actor caracterizado de cantante tronado con una guitarra de juguete. El cálculo subconsciente de la hinchada chiki chiki es más o menos como sigue: si con canciones azucaradas, jolgorio flamenco y voces atronadoras no conseguimos ganar, facturemos a Chikilicuatre; así sabrán lo que pensamos de Eurovisión y contribuimos a dinamitar un festival deplorable. A ver si hay suerte”.

  10. Avatar de pitxone
    pitxone

    Persoalmente, as cancións que levou TVE a Eurovisión dende que teño uso de razón non me representaron en absoluto (nin a min nin á maioría dos españois, creo). Así que o chiki chiki non peca por non ser unha mostra do panorama musical español.

  11. Avatar de castor
    castor

    o uribarri ha estar contente, quedeime co aceno q fixo co dedo de “no no” nun momento de descuido q o enfocaron unha vez q xa se soupo q gañara o rodolfo

    por certo q o meu favorito tamen era Guille Milkyway, espero q se presente mais veces

  12. Avatar de ex-bolseiro
    ex-bolseiro

    Se podemos crer que un coitadiño pode comezar de porteiro nunha empresa e chegar a ser o presidente (puto soño americano), por qué non crer que a mediocridade (como algún lles chamou) represente a un Estado en Eurovisión?
    Que fácil é criticar ao Chikichiki!!! Xa ninguén se lembra do ridículo de Lidia e o seu traxe arcoiris de Agata Ruiz de la Prada??? Imos a quedar moito mellor clasificados (e a tía inda foi capaz de lanzar un segundo disco… mi madriña que fe teñen algúns…)
    Ademáis, alguén se deu de conta de que, ao contrario que o hino, é un tema que non lles resbala ás diferentes nacións dos Estado??? Pode ser un nexo de unión intercultural
    Chechu, tamén podes cambiar de país e apoiar a Gisela. A fin de contas, Andorra xa ten (tivo) fortes representacións noutros campos, coma o tenis con Arancha (ou Arantxa?)…
    Para o ano, Masiel, remasterizando o lalalá!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *