Concurso “Campaña de promoción dos premios de publicidade en galego”
O lema incentivará a producción da publicidade en galego
Esta decimoquinta edición está convocada polo Consello Asesor de RTVE en Galicia e Consello Asesor da CRTVG en funcións
O Premio axustaráse as seguintes Bases e os traballos a concurso levarán os seguintes elementos:
1º.- Imaxe e lema orixinais. O lema incentivará a producción da publicidade en galego
2º.- Lenda: “XV Premio de Publicidade en galego”
3º.- Logo: logo do Consello Asesor de RTVE-G e Consello Asesor da CRTVG, en funcións.
O logo se facilitará por correo electrónico (info@conselloasesor-rtvegalicia. com)
4º.- Target. Non diferenciado, abrangue en conxunto á sociedade galega.
5º.-Idea central. XV Premio de Publicidade en galego convocado polo Consello Asesor de RTVE en Galicia e Consello Asesor da CRTVG en funcións.PREMIOS
O Consello Asesor da RTVE-Galicia aporta un único premio para este concurso:
1° premio.- 600 Euros e diploma acreditativo.PARTICIPANTES
Poden concursar tódol@s alumn@s matriculad@s en Publicidade, Xornalismo ou Comunicación Audiovisual dalgunha das Facultades de Galicia.
Pódense presentar traballos individuais ou en grupos, elaborados integramente en galego.PRESENTACIÓN
As obras presentaranse con pseudónimo, acompañadas dun sobre pechado no que constarán os datos persoais d@s autor@s (nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfonos de contacto e buzón electrónico).PRAZOS
Os traballos remitiranse a sede do Consello Asesor, sito na Praza da Quintana, nº2-1º 15704 Santiago de Compostela, antes do 30 de maio do 2008.XURADO
Estará composto polos membros do Consello Asesor de RTVE-Galicia e Consello Asesor da CRTVG en funcións, asistidos por expertos en comunicación. O fallo do xurado será inapelable.
A entrega do premio terá lugar no acto de entrega dos XV Premios de Publicidade en galego do Consello Asesor de RTVE-Galiciae Consello Asesor da CRTVG en funcións. Os dereitos de autor dos traballos serán cedidos ó Consello Asesor de TVE-Galicia. A presentación dos traballos a concurso implica a plena aceptación das bases dos mismo.
Deixa unha resposta