Xoves de tortas

cortesía de cuatro.com

Sona un pouco esaxerado, pero o certo é que este xoves vai haber unhas cantas tortas entre as canles de televisión nun combate no que necesariamente haberá vencedores e vencidos.

Pensándoo mellor a cousa vai ser máis ben un combate de pressing catch. No ring van loitar pesos pesados das respectivas canles que poden ver mermada a súa audiencia a causa deste enfrontamento de “titáns”:

  • TVE1: La señora (xa en marcha, con moi bos datos de audiencia -sobre un 22% de share en Galicia-)
  • Telecinco: La que se avecina (recén estreado, imos a polo capítulo 2 da 2ª tempada -da “era Telecinco” da serie- cun 14% aproximado en Galicia, e cun resultado notablemente mellor no ámbito estatal)
  • Antena3: El síndrome de Ulises (estrea de tempada coa incorporación de actores con tirón propio)
  • La Sexta: Prison Break (estrea da 3º tempada, co handicap de que a maior parte dos fans xa a viron en internet -eu non-)
  • E, por se era pouco, en Galicia engadimos O show dos tonechos con aproximadamente un 18% de share.

A batalla será feroz e algún dos produtos ofrecidos o xoves en prime time probablemente deban ser reubicados en función dos resultados acadados. Vamos, pregar velas e agardar ventos máis propicios.

5 respostas a “Xoves de tortas”

  1. Avatar de Gabi
    Gabi

    Pena que algunos no podamos a seguir ninguno de los contrincantes…

  2. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    Imaxino que algúns non os verías inda que tiveses a oportunidade. Para o resto sempre nos quedará internet.

    Por certo, que esta noite comeza a 2ª tempada de Muchachada Nui: por fin algo que ver “por pracer”!.

    Auf wiedersen!

  3. Avatar de ex-bolseiro
    ex-bolseiro

    Polo que eu sei, os tonechos están perdendo moito tirón (incluso tiróns de orellas…) e todo por “culpa” da señora de marras.
    Espero impaciente o extreno da segunda tempada de muchachada, como ti dis, na “era” tve2.

  4. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    Con respecto ós Tonechos considérote máxima autoridade.

  5. Avatar de pitxone
    pitxone

    Non sei que ver nin que poñer a gravar no DVD, dioss, dioss…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *