Hai un tempo Coca-Cola sacaba un spot inspirado nun deses correos nostálxicos que che lembra cando xogabas ás chapas na rúa, merendabas bocatas de Nocilla e tragabas os chicles para comprobar se de verdade podían quedarche pegados nas tripas.
O certo é que nese eu non me acababa de ver por algúns detalles que non cadraban comigo, pero con este novo xa comezo a sentirme un pouquiño máis target, sobre todo pola música e a estética do “videoclip” (e inda así, todo lle cómpre):
[youtube]bb6BSuWvRlk[/youtube]
Pensando precisamente na estética do “videoclip” que inclúe o spot, dei en pensar sobre os primeiros videoclips que eu lembraba de cativo e este é o top 3 (e tendo en conta o ano das cancións, vai ser que teño mellor memoria do que pensaba):
1.- Take on me de A-ha
[youtube]RMWXyEHoN88[/youtube]
2.- Wild boys de Duran Duran
[youtube]RrlyB8dEt9c[/youtube]
3.- Amante bandido de Miguel Bosé
[youtube]QjXGuJDSuoQ[/youtube]
Non, se ó final o do meu gusto pola ciencia-ficción vai ser cousa dun condicionamento televisivo extremo de cativo.
Deixa unha resposta