Chégame a través dunha ex-alumna dende o Departamento de Comunicación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro esta convocatoria:
O Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro convoca o VI concurso de ideas para seleccionar a imaxe publicitaria. A proposta que resulte gañadora do consurso, que será premiada con 9.000 euros, empregarase para publicitar a calidade e promocionar o consumo de viños da D. O. Ribeiro nos distintos medios impresos. As bases do concurso traen algunhas modificacións con respecto a anos anteriores. Estos cambios afectan á data de entrega dos orixinais, que será ata o día 5 de setembro de 2008, e ao importe total do premio do gañador, que se incrementou.
O CRDO Ribeiro busca un cartel que reflexe a situación actual dos viños da D.O. Ribeiro e un eslogan memorizable e que se asocie perfectamente ao produto. No consurso podrán participar axencias de publicidade e creativos de calqueira nacionalidade.
Para máis información os interesados poden chamar ao número de teléfono
988 477 200 ou escribir un e-mail a erika.promocion@ribeiro.es.
Deixa unha resposta