Outra das nosas ex-alumnas envía, dende o Liceo Casino de Vilagarcía, unha invitación a participar no XXXVI Certame Audiovisual Internacional que organiza o Liceo. Existe unha categoría específica para novos valores que está pechada a alumnos de Escolas e Facultades relacionadas coa comunicación audiovisual polo que é unha moi boa ocasión para enviar os vosos traballos. O prazo de presentación remata o 15 de setembro.
As bases completas podedes atopalas en certamenaudiovisual.org.

Deixa unha resposta