Por culpa de Yoko

Un “Dalí” de saldo con acento francés (segundo o día) e sobredose de Muchachada Nui, unha canle de moda creada en YouTube para darlle credibilidade, un blogue no que as empregadas se queixan dun despido inxusto por peche das fábricas de zapatos de Yoko…

Unha combinación do máis bizarre para crear unha campaña viral ideada por grupoER que ademais de promocionar serve de interesante preludio á obra de teatro. E en realidade esta última parte é a que me resulta máis interesante: que a campaña pode considerarse coma unha parte da narración, coma un pequeno aperitivo que ten significado dentro da obra e que está integrada co seu contido. A min apetéceme vela.

Pois nada, arrimando o ombreiro pola causa… (e gracias a grupoER por compartilo).
[youtube]SPhZft2gFYA[/youtube]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *