
Leo nun texto meu:
A intención do programador é crear un ritmo televisivo parello ó ritmo vital dos telespectadores tanto día a día como de xeito semanal, establecendo unha serie de hábitos de consumo que manteñan ó espectador fiel hora tras hora, enlazando uns programas con outros nun efecto de continuidade.
Deste xeito parece que é a televisión a que se adapta ós ritmos vitais dos espectadores sendo o prime time en España ese momento no que remataches de cear e ves a tele ata que te deitas, e que podería estar entre as 22:00 e as 00:00 aproximadamente.
Hai un tempo Telecinco, “gracias” a Escenas de matrimonio, conseguiu desprazar primeiro a súa programación e despois a da competencia das 22:00 a ás 22:30 ou 22:45. O éxito tremendo dos scketches fragmentados de Moreno fixo que cada vez se estiransen algo máis e que a competencia, desarmada, retrasara as súas series, películas e programas ata que rematara o sainete televisivo, ou que buscase programas alternativos para ese hipervitaminado access prime time que estaba medrando, como Al pie de la letra.
Pois ben: unha vez que Telecinco alterou o ritmo vital dos espectadores, que tiñan que durmir unha hora menos por ve-lo final da súa serie favorita, agora, con Gran Hermano e a petición popular comezan as galas ás 21:30. Volverá Telecinco a move-lo prime time?
Deixa unha resposta