Se o teu ollo te ofende, arríncao

[youtube]eg6L3VGrKRk[/youtube]Sendo pequeno (probablemente pequeno de máis) vin unha película que me deixou algo tocado pero que me encantou: O home con raios-X nos ollos. É unha película que ten un certo paralelismo estrutural coa historia do home invisible, pero que ten ese encanto dos filmes de ciencia-ficción dos anos 60 que son unha mestura de inocencia, miragres da ciencia e medo nuclear. O que máis lembro, por suposto, é o final e esta frase bíblica: “Se o teu ollo te ofende, arríncao”.

Pois chegado o caso de que recibo toneladas de comentarios spam nunha das entradas do meu blogue toca amputar o post afectado. Podía dicir o mesmo sen tanta volta? Pois tamén; pero así, xa de paso, recomendo a película.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *