Dende un universo paralelo

Levo varias semanas vivindo nun universo paralelo no que só existen institutos, autobuses, troqueis, 4/0, bolígrafos promocionais, presupostos e facturas. O seu nome é Semana da Ciencia e estou pensando que máis ca un universo paralelo é coma unha especie de burato negro que me está absorbendo toneladas de enerxía e neuronas a millóns.

A verdade é que está saíndo ben e que os participantes marchan contentos coa visita; e iso é o que compensa un pouco o asunto.

Así que por iso non teño actualizado nada a pesar das moitas cousas interesantes que teño escoitado ou visto, como a conferencia de Paolo Vasile a semana pasada en Santiago, da que tentarei falar cando saia desta.

O que vin hoxe está algo atrasado, pero creo que é digno de mención. Polo que leo Telecinco é propietaria do número 12, sobre todo se está escrito en tipo groso e en negro, e tamén da palabra meses, especialmente combinada co número 12. Vamos, que despois de “12 meses, 12 causas” ninguén pode xa usar o “12 meses”. A min que me desculpen, pero creo que roza o ridículo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *