Toda a curiosidade que manifestei foiseme dun plumazo. Gravei o programa o domingo pasado e inda non fun capaz de velo enteiro, a verdade, posto que a “gala” tiña unha duración maratoniana.
Fallan varias cousas. A primeira é que non é en directo (que tamén é comprensible, posto que a única ocupación dos concursantes será mentirse entre eles) e iso desvirtúa aquilo de que “non sabemos cando acabará” (comprensible tamén non xogarse os cartos con ese imprevisto) restándolle emoción ó asunto.
A segunda é o ritmo. O relato do concurso vai como a trompicóns, non de xeito fluido, con tempos e intervencións que parecen “grapadas” unhas a outras e iso é algo que o espectador non debe notar.
Algo máis falla, iso seguro.
Non teño tempo de falar máis do tema, pero unha última cousa: non fun capaz inda de atopa-los datos de audiencia da estrea, pero deben ser catastróficos cando un programa desas características e con esas aspiracións non aparece na lista dos 10 programas máis vistos dun domingo (excluíndo informativos da lista).
Así empezaba o inminente desastre de Antena 3[youtube]6k-ZHy3l33U[/youtube]
Deixa unha resposta