Ver para crer

Hai un par de días o OCTA (Observatorio de Contenidos Televisivos y Audiovisuales) facía público un informe no que constataba unha evidencia: o incumprimento descarado por parte dos principais operadores de televisión no ámbito español dun código que eles mesmos acordaron e asinaron e que pretende autorregular os contidos televisivos nun horario establecido como de “protección” infantil. No informe do OCTA facíase especial referencia ó polígrafo que últimamente é cuasi-omnipresente en Antena3 e Telecinco.

O caso é que, de repente, Telecinco ve a luz e decide converterse na principal defensora dos pequenos telespectadores eliminando o polígrafo dos seus programas en horario protexido e incluso, nunha pirueta de algo remotamente similar ás relacións públicas, propoñer á Comisión Mixta de seguemento do Código de Autorregulación sobre Contidos Televisivos e Infancia un acordo entre canles para a retirada definitiva do polígrafo nesta franxa horaria.

Tentar lava-la cara a estas alturas paréceme un exercicio de cinismo sumo, como se Herodes acordara despois da matanza facer unha lei de protección do menor.

Herodes versión Lego

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *