Como xa aventuramos nalgún post deste mesmo sitio, Cambio radical presentouse vestindo traxes de “servizo público”: un programa branco no que as aristas de morbo excesivo, de charcutería de suburbio e de “plastificado brillo” foron limadas con mimo ata quedaren romas. E funcionou: comeuse con patacas á competencia acadando un 24,2% de audiencia no prime time do domingo e pasando por enriba desa cousa rancia -tanto ou máis que o tapete de ganchillo con bailaora encima da tele- que é “Miss España”.
Haberá que ve-lo que sucede cando se enfronte con Aída.
Pregunta retórica nº 1: ¿A cantos formatos diferentes pode dar lugar a historia do parrulo feo según o tratamento que lle deamos?
Deixa unha resposta