Onte vin Cuenta atrás, a nova serie de Cuatro protagonizada polo cantante de El Canto del Loco. As conclusións preliminares son:
– Por moito que Cuatro se empeñe en explota-lo “efecto House” establecedendo certos paralelismos entre ambos personaxes nas xenerosas promocións adicadas á nova serie non hai comparación posible: é publicidade enganosa.
– Corso é un axente (creo que xefe dunha unidade completa, nin máis nin menos) “enrollado” e macarra, unha especie de Hugo Silva en Los hombres de Paco elevado á máxima potencia, que ten como oficio ser malote e molar ó persoal. No primeiro capítulo é tan mega-enrollado que fai a vista gorda cunha pequena plantación de marihuana para autoconsumo e, como colofón, perdoa á mesma persoa (vamos, que impide a un compañeiro que a deteña) polo encargo dun asasinato porque tiña motivos xustificados. Mola tanto que repele.
– En España seguimos sen saber facer series de acción (sen embargo creo que moito se leva mellorado: estamos no camiño). Nesta esfórzanse en copiar os referentes estadounidenses do xénero (hai continuas referencias temporais, como en Sin rastro), o día que se xubila un inspector con idea de retirse ó Caribe (en EEUU sería a Florida, caribe ianqui) recibe un disparo nunha intervención absolutamente innecesaria e, sobre todo, o policía protagonista é un macarra/outsider de coidado que ten un sistema legal paralelo ó do resto do estado español.
Como recomendación final: agardo que no capítulo 3 alguén lle quite a escaiola a Corso da boca e o obriguen a ir ó logopeda. Non imaxinaba que un actor/cantante puidese ter os músculos faciais tan subdesenvolvidos.
Todo pode mellorar e sen dúbida a esta serie faille falla.
Deixa unha resposta