No curso 19/20 concedéronme un proxecto de innovación educativa en Aprendizaxe Servizo da Universidad ede Vigo.
O título da proposta era DIXITAIS. Laboratorio cidadán para a competencia dixital e mediática.
A desinformación e as fake news afectan directamente á convivencia social e á axenda mediática e política, xerando climas de opinión pública hostís contra as persoas migrantes , o movemento feminista e os sistemas de ciencia e saúde pública, entre outros. Dada a gran proliferación do fenómeno na actualidade faise imprescindible traballar na competencia mediática en contornas dixitais coa cidadanía de todas as idades para dotala de ferramentas de identificación e defensa ante as novas falsas que lle poden chegar a través de medios, redes sociais e sistemas de mensaxería instantánea.
O proxecto céntrase en contribuír á resolución dun problema de plena actualidade en relación coa competencia dixital da cidadanía e aposta por facelo coa implicación directa da propia cidadanía a través da Redeira e das persoas e colectivos agrupados en torno a ela. O proxecto pretende tamén que o alumnado que vai realizar o servizo se familiarice con iniciativas de economía colaborativa, como a Redeira, e poida chegar a involucrarse dun xeito más estreito co tecido asociativo e creativo da cidade no futuro inmediato.
Dentro da asignatura Teoría e Práctica da Comunicación Televisiva do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, o proxecto materializouse do seguinte xeito:
Que hai que facer?
Crear contidos audiovisuais divulgativos que axuden a concienciar á cidadanía sobre o problema da desinformación e lles ofrezan estratexias para defenderse.
Cales deben ser os resultados dese traballo?
Contidos en vídeo vertical pensados para Stories / TikTok / WhatsApp, en función do tipo de público ao que vos ides dirixir. Unha serie de mínimo catro clips.
Contido en vídeo horizontal para feed de IG, Facebook, YouTube, etc. coas restriccións temporais da rede escollida.
Un portfolio dixital do traballo desenvolvido ao longo de todo o proceso: as etapas do traballo, as ideas xeradas, descartas e desenvolvidas, os criterios empregados, links a referencias utilizadas, inspiración, boas prácticas, reflexións, reunións de traballo realizadas e resultados das mesmas, aportacións dos colectivos da Redeira, fotografías, vídeos, bocetos, etc. O portfolio debe documentar todo o proceso e debe irse actualizando de xeito periódico por parte de todos os membros do equipo de traballo na canle privada de Slack. Con ese material cada grupo elaborará un post para o blog do proxecto no que tamén se exporán as pezas realizadas.
Como hai que facelo?
Aquelas persoas que decidan participar na modalidade de Aprendizaxe Servizo deberán facelo necesariamente en contacto coa Redeira e co seguimento tanto do docente coma das responsables da entidade. Aquelas persoas que opten por realizar os traballos da materia fóra do proxecto de ApS serán titorizadas só polo docente e avaliadas según a guía da materia.
Cada un dos proxectos desenvolvidos polo alumnado pode coñecerse a través dos portfolios, que se irán actualizando a medida que me sexa posible: