“Si yo fuera tú… apagaría o televisor”

É difícil atopar palabras para falar do último “invento” de Antena3. Como descrición sería bastante correcto, creo, dicir que é unha mestura de “Tengo una pregunta para usted” (versión rosa) e de “El diario de Patricia”. Isto é: sentamos a unha famosa (ou famoso) no plató para que fale da súa vida sometida ás preguntas do público que, á súa vez, ten unha historia persoal que contar ó fío da vida da convidada (ou convidado).

Os primeiros minutos do programa foron un tanto desconcertantes. O presentador (Cantizano II) non deixaba de xirar en torno a Bárbara Rey dándolle as costas e dificultándolle visiblemente á “artista” seguir o fío da conversa, en parte porque tiña que seguir coa vista ó tiovivo humano, en parte porque o presentador, nervioso como é natural -ou non-, cortaba descaradamente -a machete, vamos- as intervencións da ex-domadora para avanzar con dificultade entre a espesura da escaleta.

Eses primeiros minutos demostraron tamén a dificultade de realización que ten seguir a un presentador dando voltas na noria sen perder planos da entrevistada, cun estraños cruces entre as cámaras nalgún intento de migración.

É certo que teño unha predisposición negativa cara os programas do corazón, pero tentando ser obxectivo, “si yo fuera tú… me tomaría una biodramina”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *