Estamos xa moi habituados como espectadores de filmes e series de ficción a que as marcas comerciais fagan aparición en pantalla de moi diversos xeitos.
A presenza de marcas e produtos na narración pode formularse coma algo “natural”, mantendo unha relación directa coa trama, ou integrándose na dirección artística, formando parte de paisaxes urbanas ou de accións cotiás dos personaxes. Non hai nada raro en que Luisma de Aída se tome un botellín de Estrella Galicia no Bar Reinols, non hai nada raro en que James Bond conduza un imponente BMW, non hai nada raro en que a mega-urbe de Blade Runner estea cuberta de neóns de marcas coma CocaCola; son casos de presenzas máis ou menos discretas, pero bastante xustificadas narrativamente e isto implica que o espectador non percibe un “corte publicitario” cando esas marcas aparecen.
Pero o de onte foi ESAXERADO.
En Los hombres de Paco levan tempo metendo con calzador publicidade (con tódalas letras) de El Pozo. Hai un bar, hai embutidos: ten a súa lóxica (inda que o expositor é tan grande que o bar parece unha franquicia e o repartidor tivo frase nun par de capítulos para ensalza-las excelencias do xamón). Pero como dicía “o de onte foi ESAXERADO”: Aitor discute con Lucas e dálle un puñetazo; na seguinte escena aparece Aitor nunha clínica Vitaldent perfectamente identificada acompañado de dúas personaxes que non teñen especial relación con el, falan de que Lucas lle partiu un dente. Acto seguido aparecen os dentistas e falan as personaxes da calidade da clínica e do seu bo facer.
Narrativamente non ten nin pés nin cabeza, non aporta nada ó desenvolvemento da trama, fan que dúas personaxes sen case relación con Aitor vaian con el a algo tan “íntimo” como é acompañar a alguén ó médico, o diálogo é básicamente publicitario salvo un par de elementos de enlace coa trama metidos, de novo, con calzador (deben ter un calzador de proporcións bíblicas), hai unha sobrecarga de elementos de identificación da clínica. É algo tan fóra de lugar que corta totalmente a atención do espectador sobre a narración que está vendo, ou, alomenos, así o considero eu. A escena estaba pedindo a gritos unha sobreimpresión na parte superior que dixese “publicidade”.
O bloque, illado do resto, podería ter sido perfectamente un deses “anuncios” nos que os actores dunha serie, metidos no seu personaxe, promocionan un produto inmediatamente antes de que esta comece. Pero neste caso deciron que era mellor incluír o seu “anuncio” dentro da trama cun desprezo absoluto polo espectador.
O product placement non está regulado, pero eu creo, sinceramente, que isto xa vai máis aló. Nun caso coma este eu creo que habería que aplicar, primeiro o sentido común, e, despois o artigo 11 da Ley 25/1994 relativa ás actividades de radiodifusión televisiva:
Artículo 11. Identificación y colocación de la publicidad y los anuncios de televenta.
1. La publicidad y la televenta deberán ser fácilmente identificables y diferenciarse claramente de los programas, a través de medios ópticos o acústicos.
2. Los anuncios publicitarios y de televenta se emitirán de forma agrupada. Sólo excepcionalmente se emitirán anuncios publicitarios y de televenta aislados.
3. La publicidad televisiva y los anuncios de televenta deberán insertarse entre los programas.
No obstante, con arreglo a lo dispuesto en el artículo siguiente, también podrá insertarse publicidad y anuncios de televenta interrumpiendo los programas, siempre que no se perjudique su unidad ni se desmerezca el valor o la calidad de éstos y las interrupciones se realicen teniendo en cuenta las propias pausas naturales del programa, su duración y su naturaleza, y de modo que, en ningún caso, se perjudiquen los derechos de los titulares de los programas dentro de cuya emisión se produzcan.
4. En la emisión de publirreportajes, telepromociones y, en general, de aquellas formas de publicidad distintas de los anuncios televisivos que, por las características de su emisión, podrían confundir al espectador sobre su carácter publicitario, deberá superponerse, permanentemente y de forma claramente legible, una transparencia con la indicación publicidad.
Tamén son moi recomendables este par de artigos sobre a problemática do product placement.

Deixa unha resposta