Product placement salvaxe

Estamos xa moi habituados como espectadores de filmes e series de ficción a que as marcas comerciais fagan aparición en pantalla de moi diversos xeitos.

A presenza de marcas e produtos na narración pode formularse coma algo “natural”, mantendo unha relación directa coa trama, ou integrándose na dirección artística, formando parte de paisaxes urbanas ou de accións cotiás dos personaxes. Non hai nada raro en que Luisma de Aída se tome un botellín de Estrella Galicia no Bar Reinols, non hai nada raro en que James Bond conduza un imponente BMW, non hai nada raro en que a mega-urbe de Blade Runner estea cuberta de neóns de marcas coma CocaCola; son casos de presenzas máis ou menos discretas, pero bastante xustificadas narrativamente e isto implica que o espectador non percibe un “corte publicitario” cando esas marcas aparecen.

Pero o de onte foi ESAXERADO.

En Los hombres de Paco levan tempo metendo con calzador publicidade (con tódalas letras) de El Pozo. Hai un bar, hai embutidos: ten a súa lóxica (inda que o expositor é tan grande que o bar parece unha franquicia e o repartidor tivo frase nun par de capítulos para ensalza-las excelencias do xamón). Pero como dicía “o de onte foi ESAXERADO”: Aitor discute con Lucas e dálle un puñetazo; na seguinte escena aparece Aitor nunha clínica Vitaldent perfectamente identificada acompañado de dúas personaxes que non teñen especial relación con el, falan de que Lucas lle partiu un dente. Acto seguido aparecen os dentistas e falan as personaxes da calidade da clínica e do seu bo facer.

Narrativamente non ten nin pés nin cabeza, non aporta nada ó desenvolvemento da trama, fan que dúas personaxes sen case relación con Aitor vaian con el a algo tan “íntimo” como é acompañar a alguén ó médico, o diálogo é básicamente publicitario salvo un par de elementos de enlace coa trama metidos, de novo, con calzador (deben ter un calzador de proporcións bíblicas), hai unha sobrecarga de elementos de identificación da clínica. É algo tan fóra de lugar que corta totalmente a atención do espectador sobre a narración que está vendo, ou, alomenos, así o considero eu. A escena estaba pedindo a gritos unha sobreimpresión na parte superior que dixese “publicidade”.

O bloque, illado do resto, podería ter sido perfectamente un deses “anuncios” nos que os actores dunha serie, metidos no seu personaxe, promocionan un produto inmediatamente antes de que esta comece. Pero neste caso deciron que era mellor incluír o seu “anuncio” dentro da trama cun desprezo absoluto polo espectador.

O product placement non está regulado, pero eu creo, sinceramente, que isto xa vai máis aló. Nun caso coma este eu creo que habería que aplicar, primeiro o sentido común, e, despois o artigo 11 da Ley 25/1994 relativa ás actividades de radiodifusión televisiva:

Artículo 11. Identificación y colocación de la publicidad y los anuncios de televenta.
1. La publicidad y la televenta deberán ser fácilmente identificables y diferenciarse claramente de los programas, a través de medios ópticos o acústicos.
2. Los anuncios publicitarios y de televenta se emitirán de forma agrupada. Sólo excepcionalmente se emitirán anuncios publicitarios y de televenta aislados.
3. La publicidad televisiva y los anuncios de televenta deberán insertarse entre los programas.
No obstante, con arreglo a lo dispuesto en el artículo siguiente, también podrá insertarse publicidad y anuncios de televenta interrumpiendo los programas, siempre que no se perjudique su unidad ni se desmerezca el valor o la calidad de éstos y las interrupciones se realicen teniendo en cuenta las propias pausas naturales del programa, su duración y su naturaleza, y de modo que, en ningún caso, se perjudiquen los derechos de los titulares de los programas dentro de cuya emisión se produzcan.
4. En la emisión de publirreportajes, telepromociones y, en general, de aquellas formas de publicidad distintas de los anuncios televisivos que, por las características de su emisión, podrían confundir al espectador sobre su carácter publicitario, deberá superponerse, permanentemente y de forma claramente legible, una transparencia con la indicación publicidad.

Tamén son moi recomendables este par de artigos sobre a problemática do product placement.

6 respostas a “Product placement salvaxe”

  1. Avatar de Barbara
    Barbara

    Quizás ya no se le presta tanta atención a este tipo de prácticas: por eso no se regula bien: por eso pasa lo que pasa: y por eso pierden audiencia, el espectador queda tan defraudado que ya no vuelve.

    Va en mi contra decir esto, pero pocas veces me fijo en el product placement (nunca he visto uno taan descarado creo)…pero bueno, que hay tanta saturación publicitaria que la mayoría de las personas “pasan”

    🙂

  2. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    En realidade está en proceso de regulación.

    En decembro de 2007 publicouse a DIRECTIVA 2007/65/CE do Parlamento Europeo que substitúe á popularmente coñecida coma Directiva da Televisión Sen Fronteiras (TSF) do ano 89. Esta Directiva dá unha serie de orientacións que os Estados membros deberán incorporar á súa lexislación.
    Sobre o emprazamento de producto di (e non di moito):

    Artículo 3 octies
    1. Queda prohibido el emplazamiento de producto.

    2. No obstante lo dispuesto en el apartado 1, el emplazamiento
    de producto será admisible, a menos que un
    Estado miembro decida otra cosa, en:
    — obras cinematográficas, películas y series realizadas para
    servicios de comunicación audiovisual, programas deportivos
    y programas de entretenimiento, o
    — los casos en que no se produce ningún pago, sino
    únicamente el suministro gratuito de determinados
    bienes o servicios, como las ayudas materiales a la producción
    o los premios, con miras a su inclusión en un
    programa.
    La excepción indicada en el primer guión no se aplicará a
    los programas infantiles.
    Los programas que contengan emplazamiento de producto
    observarán, al menos, todos los requisitos siguientes:
    a) bajo ninguna circunstancia se podrá influir en su contenido
    y, en el caso de las radiodifusiones televisivas, en
    su horario de programación de manera que se vea afectada
    la responsabilidad e independencia editorial del
    prestador del servicio de comunicación;
    b) no incitarán directamente a la compra o arrendamiento
    de bienes o servicios, en particular mediante referencias
    de promoción concretas a dichos bienes o servicios;
    c) no darán una prominencia indebida a los productos de
    que se trate;
    d) los espectadores deberán ser claramente informados de
    la existencia emplazamiento de producto. Los programas
    que contengan emplazamiento de producto deberán
    estar debidamente identificados al principio y al
    final del programa, así como cuando el programa se
    reanude tras una pausa publicitaria, con el fin de evitar
    toda confusión al espectador.
    Excepcionalmente, los Estados miembros podrán optar por
    no exigir las prescripciones establecidas en la letra d) siempre
    que el programa de que se trate no haya sido ni producido
    ni encargado por el propio prestador del servicio de
    comunicación o una empresa filial de este último.

    3. En cualquier caso, los programas no podrán colocar
    los siguientes productos:
    — productos del tabaco o cigarrillos, ni otros productos de
    empresas cuya principal actividad sea la fabricación o
    venta de cigarrillos y otros productos del tabaco, o
    18.12.2007 ES Diario Oficial de la Unión Europea L 332/41
    — medicamentos o tratamientos médicos específicos que
    solo puedan obtenerse mediante receta en el Estado
    miembro bajo cuya jurisdicción esté el prestador del
    servicio de comunicación.

    4. Lo dispuesto en los apartados 1, 2 y 3 se aplicará solo
    a los programas producidos con posterioridad al 19 de
    diciembre de 2009.».

  3. Avatar de ex-bolseiro
    ex-bolseiro

    Técnicamente os países teñen ata o 18de decembro do 2009 para implementar esa normativa na súa normativa nacional, é dicir, que se transpoña a normativa. Francamente, o regulamento do product placement é o máis salientable desta última revisión, xa que coa publicidade foron bastante, bastante transixentes…
    No 2010 gustaríame facer unha comparativa desa práctica publicitaria actual e do que pasará no futuro.

  4. Avatar de castor
    castor

    ainda me acordo dos almorzos de medico de familia (que envexa lles tiña) o q me resultaba curioso era q o leite, cereais e todo eso estivera sempre perfectamente careado pra q se vise na camara

    ou o arguiñano q como non pode usar en todalas receitas qeixos garcia baquero (creo q son eses) pois cada dia colle un trapo o lado da neverita dos queixos

    detalles…

  5. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    Xa sabía eu que falando da Directiva non tardaría en comentar o noso ex-bolseiro.

    Castor, fuches víctima dun dos casos máis salientables -por pioneiro- de emprazamento de produto en series españolas: Médico de Familia. Todos temos os nosos mitos.

  6. Avatar de Xabi
    Xabi

    Outra mítica foi Farmacia de Guardia… como se puxeron as botas os produtos (que non medicamentos) á venda nas farmacias (de cando os potitos nas farmacias tiñan máis prestixio que nos supermercados, xa me entendedes…)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *