Levo xa mes e pico lendo asiduamente o blogue no que Alex de la Iglesia está a narrar as súas peripericias no desenvolvemento e preprodución do seu último proxecto cinematográfico. Un sitio máis que recomendable no que se poden apreciar as pequenas dificultades e as tarefas e negociacións precisas antes de comezar a rodar un filme (agardo que cando comece a rodar lle quede algunha neurona operativa para seguir posteando). Non deixedes de visitar: http://blasfemandoenelvrticedeluniverso.blogspot.com
Deixa unha resposta