Concurso de carteis da Feira do Viño Ribeiro 2008

Chégame a través dunha ex alumna dende o Departamento de Comunicación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro:

“Poderán tomar parte no mesmo deseñadores e artistas de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles un máximo de 3 obras, sendo condición indispensable que tales obras sexan inéditas.O tamaño do orixinal será de 43 x 63 cm, sempre en posición vertical.Os carteis presentaranse:

– Opción A: Sobre soporte ríxido, sen sinatura do autor, e baixo un lema ou pseudónimo que figurará escrito na parte posterior do cartel, e acompañado dun sobre pechado en cuio exterior figurará o mesmo lema ou pseudónimo do cartel.

Dito sobre conterá os seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, enderezo e número de teléfono do autor.

O lugar de entrega das obras será a sede do Consello Regulador da D. O. Ribeiro,

Salgado Moscoso, 11, 2.400 Ribadavia – Ourense – Galicia.

Poderanse entregar en man, ou ser enviadas por correo certificado.

– Opción B: Por correo electrónico nun arquivo .jpg ou .png a 300ppp e a un tamaño real de 43×63 cm ao seguinte email: info@ribeiro.es

No texto do email indicará: Nome e apelidos, DNI, enderezo e número de teléfono do autor e lema ou pseudónimo co que desexa participar no concurso.

A data límite de recepción finaliza ás 14:00 horas do día 5 de Maio de 2008.A obra deberá conter o seguinte texto:

XLV FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

RIBADAVIA

4, 5 e 6 de Xullo de 2008

Declarada de Interese Turístico

No caso de querer destacar algunha palabra na composición esta sería sempre RIBEIRO.Os carteis deseñados con computador deberán ter unha resolución de 300 ppp, a un tamaño real de 43 x 63 cm.

No caso de resultar gañadores, os autores que optaron por realizar a súa obra mediante sistemas informáticos, deberán aportar o correspondente soporte dixital en formato vectorial.Concederanse os seguintes premios:

– Un Primeiro Premio de 1.500 euros e

– Dous accésits de 300 € cada un.

A presentación do Cartel gañador e a entrega dos premios terá lugar o día 14 de Maio ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Comarcal do Ribeiro.

A obra premiada quedará en propiedade do C.R.D.O Ribeiro.”

Máis información en www.ribeiro.es ou en promocion@ribeiro.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *