Cultur.gal

cultur.gal

“Este proxecto celebrarase no Pazo de Cultura de Pontevedra entre os días 10 e 13 de maio de 2007, tratando de ser unha plataforma de referencia obrigada na que se integren, dinamicen e interrelacionen todos os sectores reunidos entorno á industria cultural galega.

Todos os que queiran coñecer esa oferta cultural do país teñen unha gran cita en Cultur.gal, pois constitúe un perfecto escaparate tanto para os técnicos, que terán nesta feira un punto de encontro de asociacións profesionais, como para a cidadanía en xeral, que poderá coñecer e mercar todos os produtos culturais: libros, discos, produtos audiovisuais, produtos informáticos, artesanía do libro e do papel.” [+] ver actividades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *