“A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e o Consello da Xuventude de Galicia invítao a participar no II Concurso Curtas na Rede. Os participantes deberán realizar unha curtametraxe de xénero e técnica libre que non poderá exceder os 5 minutos, e deberá versar sobre as seguintes temáticas: xuventude, inmigración, medio ambiente ou visións alleas / visións nosas.
Para esta edición ábrese a categoría de micromovies. Nesta sección participarán filmes realizados coa cámara do teléfono móbil que non poderán exceder os 30 segundos e son de xénero e temática libre. Todas as persoas participantes terán a posibilidade de abrir unha bitácora referente ao seu filme e ás anécdotas da rodaxe” [+] ler máis en curtasnarede.es.
PARTICIPADE, que o que non xoga non gaña.
Deixa unha resposta