O pasado día 12 de marzo abriuse a convocatoria para o envío de guións de curtametraxe ó concurso Compostela Plató, dentro das actividades do festival internacional de curtametraxes Curtocircuíto que se celebrará en outubro en Santiago. Os guións seleccionados serán producidos e distribuídos polo propio festival. Tedes ata o 27 de abril para vos inscribir. Consulta as bases de Compostela Plató.
Tamén se convoca dentro do festival un concurso de curtametraxes (ficción, animación, videocreación e documental) e de micromovies de 30″. Consulta as bases do concurso de curtas.
Animádevos a participar.

Deixa unha resposta