Descaro

Hai palabras máis axeitadas para definir o que fan en xeral as canles de televisión e en particular Telecinco cos seus horarios de emisión, pero impóñome autocensura por cuestións de imaxe.

Hai xa semanas que José María García dicía más ancho que longo (literalmente) no plató de La Noria, que non se podía anuncia-la súa presenza no programa para as 22 e non sacalo ata as 24. No programa dixo ademais catro verdades sobre a telelixo, pero é o tema horario o que nos interesa.

Onte comezaba RIS, ás 22:00 en teoría, pero ata que remataron os Simpson, sobre as 22:30 en Antena 3, non se atreveron a darlle ó play na competencia. O día da estrea de Gran Hermano unha promo emitida tamén sobre as 22:30 anunciaba o programa para as 22:00 no colmo xa do timo. Suma e sigue. Non hai día que non se prolongue o sainete este dos matrimonios -do que estou desexando falar, pero nunca teño tempo- o que faga falla para fintar ós rivais.

Merece a audiencia isto? pois posiblemente si…

**Gustaríame falar de tódalas estreas da semana pasada, pero o tempo non me dá para máis que ligar novas que me parecen de interese**

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *