Leo hoxe en vertele.com que Telecinco paralizou a produción de Supervivientes, para darlle “un respiro ós seus realities”. A principio de tempada daba a impresión de que Telecinco estaba por converterse definitivamente nunha canle temática de telerrealidade coa emisión máis ou menos solapada de tres reality games: Desafío bajo cero, Gran Hermano e Operación Triunfo -co seguemento engadido de boa parte dos programas da canle destes tres “concursos”-. Sen embargo, parece que nos achegamos ó límite de saturación da audiencia e hai que comezar a recuar: como fixeron con Desafío bajo cero, como fixeron con La casa de tu vida e como están facendo, esta vez, con Supervivientes.
Deixa unha resposta