Frescas non, pero de alcance

Así son un par de novas que merecen especial atención esta semana. A máis recente é que Mediapro se fixo cos dereitos para a emisión en tv e internet da Fórmula 1 por cinco anos a partir de 2009, o que significa que a xugosa competición deportiva pasa de Telecinco a LaSexta e que Lobato quedará máis colgado que Bob Marley facendo puenting. La Sexta está apostando moi forte polas retransmisión deportivas de audiencias multitudinarias para tentar, polo menos, que o telespectador se familiarice co 6 do seu mando a distancia (sempre e cando non teña no 6 Cuatro, por exemplo).

A outra nova, máis pasada é que Mediaset (Telecinco) comprou Endemol, polo que a propiedade de formatos como Gran Hermano ou Operación Triunfo está garantida. Longa vida ó Telecinco way of life.

Feliz Día das Letras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *