Moito se leva escrito e falado da crise do sector cinematográfico español e dos problemas de moitas salas de exhibición para se manter a flote. Entre as solucións que se aportan frecuentemente neste debate está a de diversifica-la oferta das salas e aproveita-la infraestrutura de alta calidade de emisión para ofrecer outro tipo de eventos.
Unha mostra disto é a transmisión en directo e vía satélite que 15 cines da cadea Yelmo ofreceron dos concertos da xira 07 de Héroes del Silencio celebrados en Zaragoza: a 18 euros a entrada (ó cine) e cheos ata a bandeira.
Obviamente, outra cousa foi estar alí.
Deixa unha resposta