I like Ortega, “broda”

Vin un anaco de La noche americana -e refírome ó novo programa de Juan Carlos Ortega en Cuatro- e gravei todo para botarlle un ollo con calma, así que non me podo permitir opinar sobre o conxunto. Entre o pouco que vin, este fragmento que vos inserto, que me fai pensar, como era obvio, que o programa vai na onda habitual do seu condutor: un humor disparatado e absurdo que a min, particularmente, encántame.

Para que vós mesmos xulguedes mirade a Javier Sardá e á diva de Ortega, Olimpia Fernández, en NYC.

[youtube]t8MY_yYP9iI[/youtube]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *