Manolo & Benito

Non creo que lle quede moito de vida a esta serie. Onte pola noite só acadou un share do 16% (e baixando) fronte ó 28% de CSI ou o 20% de ¡Mira quién baila!. Só queda cancelar ou reubicar, pero non o vexo nada sinxelo.
Para min non é só unha cuestión de audiencia -non creo que a controvertida “calidade” teña que ver necesariamente co nivel de audiencia nin que o nivel de audiencia poida servir para xustifica-la calidade-. A cuestión é que nos inicios da serie perderon importancia as tramas puntuais que sustentaban a “gracia” da anterior etapa (as “ñapas”), en favor das que tentaban meter no surrealista universo de Manolo e Benito ós novos personaxes, e quizais iso afectase. Pode que a audiencia fiel desta serie preferise ver algo máis parecido ó anterior.
A min, en particular, hai actores que non me rematan de encaixar, ó igual que certos retrincos dese estilo “picantón cañí” que entronca directamente coas máis rancias parcelas do Un, dos, tres ou das películas de Pajares e Esteso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *