Miscelánea

Un nome apropiado cando non sabemos clasificar moi ben o tema do que falamos: unha etiqueta moi socorrida e absolutamente difusa para agrupar programas de TV.

A pouco que te descoides o “mapa” da programación televisiva cambia radicalmente. Quintero marcha sen despedirse alegando problemas de saúde (quizais neses problemas tivesen que ve-las  polémicas en torno a algunhas das súas entrevistas); Isabel Gemio tamén se despide “á francesa” por non acadar os resultados esperados; Cafetería Manhattan leva xa algunhas semanas, tenme descolocado e xa perdín a paciencia: non se supón que debería facer gracia? -igual é que malinterpretei os sinais, pero con ese reparto era o que cabía agardar-; Cambio radical está a punto de estrearse (este domingo) e preséntase coma un formato con aura de santidade que vai facer máis boas obras que Santa Catarina de Siena; por último Antena 3 estrea canle propia en YouTube pouco despois do “éxito” do vídeo da morte de Lucía en Los Serrano, seguindo a estela da BBC e da CBS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *