Muchachada Nui en La 2 ou en YouTube?

[youtube]nrzch25LEL4[/youtube]

Como xa vimos pola experiencia das canles de televisión pioneiras que se decidiron a ofrece-los seus contidos en YouTube ou plataformas similares, a relación da caixa tonta co que poderiamos chamar -nunha explosión creativa sen precedentes- caixa lista, adoita ser beneficiosa para ambas.

No caso dos rapaces de La Hora Chanante, o pulo de internet a un programa que comezou nas canles temáticas foi determinante para chegar á posición na que agora se atopan; posición dende a cal lle reclaman ó público internauta un chisco máis de caso á versión televisada, que é a que lles dá de comer.

Por certo: a cabeceira tenme hipnotizado. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *