Onte aparecía na prensa, por enésima vez, un artigo sobre “La gallega de Cancún” -que vai camiño de desprazar a “La bella Otero” como mito erótico galego- no que se falaba, con bastante saña por certo, do seu paso polo programa Dolce Vita de Telecinco.
Se é certo que a enerxía nin se crea nin se destrúe espero que toda a enerxía que se está empregando nos medios de comunicación, e tamén a pé de rúa, para censurar moralmente a actuación desta moza se empregue tamén para denunciar e impedir casos máis lamentables e graves de corrupción e transfuguismo político, por poñer só un suposto máis importante que unha portada en topless.
¿Que ten que ver o touciño coa velocidade?, preguntaraste astuto/a lector/a. Pois parece ser que “El pueblo gallego de Arcade se vuelve contra ella. La mayoría de los habitantes creen que este hecho significa una traición para el pueblo” e equivócanse; unha traizón para o pobo en toda regra é… ai se eu vos contara o que é unha traizón en toda regra!!
Deixa unha resposta