Os 40 principais en campaña

Hoxe en día parece que non pode existir político ó que non se lle dedique unha peza de apoio en YouTube interpretada por trobadores máis ou menos talentosos, pero sempre entusiastas. A seguir unha recopilación para pensar sobre se de verdade apoian ou prexudican (deixamos de lado a marea de vídeos “de escarnio e maldicir” e os dos candidatos de EE.UU, protagonizados por christina-aguileras en potencia):

Yes, we can (Barack Obama)

[youtube]jjXyqcx-mYY[/youtube]

Defender la alegría (Rodríguez Zapatero)

[youtube]qyR4w9RPKd8[/youtube]

Rajoy, contigo estoy (Mariano Rajoy)
[youtube]pw1EPGigaxc[/youtube]

Galicia será nación (Anxo Quintana)

[youtube]SwYD8zY_iKY[/youtube]

Zapatero, yo votaré por ti (Rodríguez Zapatero)

[youtube]QE7szlaAsU8[/youtube]

4 respostas a “Os 40 principais en campaña”

  1. Avatar de Chechu
    Chechu

    Parabéns pola escolma. Eu creo que todos eles, por norma xeral, son eficaces, xa que sempre dan de que falar. Sen embargo, ti recolles exemplos moi distintos. Persoalmente creo que os dous primeiros son moito máis eficaces que o resto. ¿Ti que opinas?

  2. Avatar de pitxone
    pitxone

    Para min a mellor é a de ‘Amo a Rajoy’, non a podo sacar da cabeza e isto non me pasa con ningunha outra.

  3. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    A orde na que están colocados xa fala por sí mesma da miña opinión. Creo que os dous primeiros, ó apelar ás emocións (de argumentar e convencer deberían encargarse outros) cunha factura coidada e profesional son os máis axeitados para crear unha imaxe positiva dun candidato.
    Imaxino que o terceiro, á marxe dos meus gustos musicais, tamén está interpretado por profesionais, pero o vallenato é un estilo -creo- verbeneiro demais para un “produto” coma un candidato á presidencia do Goberno de España. Coincido con Pitxone en que probablemente sexa o máis pegadizo, pero sacrifica a coherencia semántica e mesmo gramatical en favor da rima e do ritmo cun argumentario un tanto peregrino. Non creo que lle faga favor ningún a Rajoy, e iso que está feito por ¿simpatizantes?.
    Sobre os dous últimos: que noraboa ós autores, que xa lograron un certo “recoñecemento”.

  4. Avatar de ex-bolseiro en bruxelas
    ex-bolseiro en bruxelas

    Si, dende logo, o mellor é a orde na que están colgados os vídeos!
    Coincido plenamente con Pitxone. Será simple ata decir basta!, pero… hai tamén algo máis simple que “vota fulano” ou “vota mengano”?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *