Oscar 2007

Á marxe da nominación de Penélope Cruz e da non-nominación de Volver, quero destacar as dúas curtas españolas que entrarán en lide polo Oscar á mellor curtametraxe: Binta y la gran idea e Éramos pocos.

Debo admitir que non vin Binta, pero Éramos pocos está de fábula: unha historia pequena, sorprendente, que engancha, con bos actores, boa música e sen minutos de máis, vamos, o que debería ser unha curta.

Podes consulta-las nominacións aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *