Pasiño a pasiño: Blu-ray

Estes días sucedéronse unha serie de novas que fan pensar que esta vez Sony vai gaña-la batalla, alomenos fronte ó HD-DVD: primeiro Warner anuncia que abandona a produción de copias no formato de Toshiba, despois Microsoft fala de emprega-lo Blu-ray e agora parece que tamén poñen unha perna fóra do barco Paramount e NBC Universal…

“Primero fue Warner quien anunció que abandonaba al formato de alta definición de Toshiba en la feria de electrónica de Las Vegas. Y la posterior rueda de prensa de los japoneses, en la que aseguraron que no estaban muertos, fue interpretada como un reconocimiento de que el HD DVD estaba en clara desventaja frente al Blu Ray de Sony.

A estas noticias se unen la decisión de Paramount y NBC Universal, que hasta ahora trabajaban con Toshiba, de abrirse al formato de Sony, según comentan en The New York Times.” [+] ler máis en elpais.com.

4 respostas a “Pasiño a pasiño: Blu-ray”

  1. Avatar de ex-bolseiro en bruxelas
    ex-bolseiro en bruxelas

    Hai uns meses lía nun artigo que a industria do porno se decantaba por Blu-Ray, industria que, 25 anos atrás, se decantara polo VHS en detrimento do Beta, e alguén vaticinou que pasaría o mesmo desta vez (cousa que dubido, pola ruptura do sistema de distribución audiovisual como se entendía neses tempos).
    O certo é que, despois deste último CES, eu tamén comezo a pensar que o gañador desta guerra de formatos pode ser o “raio azul”, ou que, cando menos, agora toma vantaxe.
    Mal llo vexo a Toshiba, e iso que, como declarado anti-sformatos-property-of-sony, non me gustaría.
    Despois do beta, despois do láser disc, despois do minidisc, despois do memory stick… pode Sony gañar a batalla?

  2. Avatar de albertodafonte
    albertodafonte

    O da importancia da industria do porno xa me chamara a atención a min tamén (http://webs.uvigo.es/albertodafonte/?p=48). En todo caso o que é máis interesante é se a batalla é con HD-DVD realmente ou directamente con discos duros e memorias en xeral, precisamente por eses cambios dos que falas no sistema de distribución.

  3. Avatar de pitxone
    pitxone

    Se o porno vai estar en blue ray entón está claro quen vai gañar, jajajaj.

  4. Avatar de ex-bolseiro
    ex-bolseiro

    parece que Toshiba confirma a súa retirada…
    http://www.reuters.com/article/companyNewsAndPR/idUSL1627196120080216
    temos xa gañador?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *