Polémico spot na Superbowl

“El evento deportivo más importante de EEUU ha vuelto a ser escenario de la censura. Si en 2004 el escándalo vino de la mano de la cantante Janet Jackson y su ‘pezongate’ -provocando que el partido se emitiese con retardo en siguientes ediciones-; esta vez la polémica ha sido publicitaria”[+] ler máis en elmundo.com.

A polémica levantada polo anuncio -que en si mesmo non é gran cousa- está facendo que se fale da marca máis do esperado (isto é bo) pero quizais non asociada ós valores que lle interesan (isto é malo). En certas ocasións este efecto polémico é buscado, pero neste caso non acabo de comprender a ofensa cara os colectivos homosexuais -que é o detonante-, porque eu creo que máis ben ridiculiza ós “heteromachotes”. Pode ter que ver co uso do termo “homes”, porque tan homes son (ou somos) uns coma os outros, pero tampouco o sei. Para min é unha ofensa moi rebuscada que podedes ver aquí mesmo.

[youtube]JHkoZ7ngAM0[/youtube]

Unha resposta a “Polémico spot na Superbowl”

  1. Avatar de mimosin
    mimosin

    Eu creo que a ofensa ven precisamente do que comentas. Non me parece moi adecuado empregar o termo “homes” para defender a súa masculinidade. Poderían dicir “machotes” e ó mellor non había ningún problema…
    Pode ser isto ou que lles fería a sensibilidade ver a semellantes exemplares na TV.
    Por outra parte… eu nunca pensei que facer a chorrada esta de arrincarse os pelos do peito fose cousa de “moi machos”, ejejejej.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *