Rajoy e Carrefour

A semana pasada, ó sair de Carrefour, atopeime de fronte con isto:

rajoy e carrefour

Nun primeiro momento un pode pensar: “vaia, qué espabilados ó poñer este valo publicitario neste punto concreto, nada máis sair do hipermercado, xusto cando vas pensando na pasta que te deixaches”. Iso chámase segmentar e está moi ben feito.

O problema é que precisamente Carrefour empregou o “con Carrefour es posible” antes que a algún iluminado se lle ocurrise o “con Rajoy es posible”. ¿Pode haber algo máis ridículo que tomar como eslogan dun político ou dun partido o eslogan dun supermercado? (por non dicir que tamén é unha copia dun eslogan recente de IU)

E a tipografía é a dos xabóns “La Toja” ou sacárona directamente das sobras de imprenta da campaña do 77?

Polo demais, podedes ver unha chea de parodias da campaña aquí.

Unha resposta a “Rajoy e Carrefour”

  1. Avatar de Telle
    Telle

    Non me extraña de Carrefour…

    As experiencias que tiven coa empresa e a súa fundación, lonxe das compras pódese calificar como malas-nefastas tirando a piores!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *