Un dos anuncios que máis me chamou a atención nos últimos días, deixando de lado os meus adorados (e ben freaks) spots de Bancaja e Gas Natural, é o spot a base de light painting de Telefónica. E chamoume a atención porque vin o spot pouco despois de enteirarme do que era o light painting fedellando por internet (en outubro deste ano concretamente).
É sorprendente o que a publicidade toma das tendencias sociais e das modas que podemos ver noutros medios ou a pé de rúa: cando descubrín o que era o light painting comecei a velo por todos lados; non se trata dunha técnica nova, pero pode ser que estea de actualidade nos últimos tempos a través de redes sociais coma flickr? Do mesmo xeito, vendo os spots de Bancaja e, sobre todo o de Gas Natural, non podo evitar pensar en se Muchachada Nui abriu camiño a este tipo tan peculiar de humor absurdo na publicidade de televisión.
Deixovos un making of do spot de Telefónica e o seu breve (e clariño) tutorial para facer light painting. Hai que precisar que en principio o light painting é fotográfico, isto é, unha imaxe fixa sobre a que se xoga empregando obturador e unha fonte luminosa en movemento. No spot de Telefónica temos, máis ben, unha combinación de light painting con stop motion.
Making of
[youtube]Y0SXa2g9vpk[/youtube]
Tutorial Light Painting
[youtube]eGsLPArMCFk[/youtube]
Deixa unha resposta